El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

INVESTIDURA

Gonzalo Caballero: "A elección de Pedro Sánchez contribuirá a abrir unha nova etapa de progreso en Galicia"

07-01-2020 19:38:35

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe no Congreso á votación da que Pedro Sánchez saíu investido presidente do goberno. A designación de Pedro Sánchez como presidente, resaltou o líder dos socialistas galegos, “contribuirá a abrir unha nova etapa de progreso en Galicia”.


E é que, como salientou Gonzalo Caballero, o novo goberno progresista liderado por Pedro Sánchez ten na súa axenda “os problemas e as necesidades da cidadanía e das familias”, así como “os asuntos específicos de Galicia”.



En concreto, o candidato socialista á Presidencia da Xunta enumerou o avance nas infraestruturas, nomeadamente a AP-9; a mellora da sanidade e a educación pública, a aposta polo emprego de calidade e por dar futuro á mocidade e o compromiso coa industria galega.






www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias