O deputado do BNG,
Luís Bará rexistra unha batería de iniciativas con propostas recollidas do estudo
do Consello de Contas e denuncia “a
inacción” do presidente Feixóo e da Xunta na loita contra a corrupción.
Para
o deputado, o referido informe confirma que
Xunta
de Galiza está “en cueiros” en materia de prevención e control da corrupción
porque non fixo “practicamente nada” en
catro anos, e agora, coincidindo cun
novo período preelectoral, a Xunta e Feixóo pretenden erixirse en campioa da loita contra
a corrupción.
Neste sentido, o BNG reclama o apoio do parlamento para crear “ fiscalías
anticorrupción dotándoas de medios humanos e materiais da Administración de Xustiza”.
Para deputado do BNG, é preciso aprobar unha estratexia global de prevención e
loita contra a corrupción, e como medida
prioritaria, “crear unha oficina de
denuncias como medio para comunicar situacións relacionadas coa corrupción e a
integridade”, así como regular os
dereitos que configurarían un estatuto do denunciante.
O BNG tamén propón crear un “Comité de ética e un plan de formación sobre integridade e ética
pública para todo o persoal da administración, incluíndo os cargos públicos e accións formativas diferenciadas segundo as
responsabilidades e funcións do persoal”.
O parlamentario do BNG lembra que no ano 2015 e
nun contexto de corrupción xeneralizada protagonizada por institucións
gobernadas polo PP, o presidente do goberno central, Mariano Rajoy, e o
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lanzaron unha “operación cosmética e
propagandística” para supostamente converterse en adalides da loita contra a
corrupción.
Como resultado daquela operación, presentouse
un “rimbombante programa de impulso democrático” e aprobáronse normas de “transparencia e bo goberno” que finalmente resultaron, en opinión do deputado “pura fachada, decorado de cartón pedra e unha cortina de fume para enmascarar a
opacidade, a propaganda, o veto á participación, e o uso partidista dos fondos
públicos”.
O primeiro que chama a atención, engade Bará,
son os escasos avances ao longo de case cinco anos e medio. O pasado 23 de
decembro, en período navideño e sen actividade parlamentar, o presidente do
Consello de Contas fíxolle entrega ao vicepresidente da Xunta do “Diagnóstico
dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos de
corrupción na administración xeral”, correspondente ao exercicio de 2018.
O
“Diagnóstico” é o resultado dun traballo iniciado en xullo de 2018 en
determinados centros seleccionados (tres consellarías e outros órganos que
desenvolven funcións de carácter transversal). A este respecto, chama a
atención que se tardase case ano e medio en facer públicos os resultados do
estudo, denuncia o nacionalista.
Propostas do BNG para loitar contra a corrupción
Para loitar contra a corrupción, o BNG propón
como primeiras medidas: Aprobar un Plan de prevención, control e loita atendendo as
recomendacións do Consello de Contas.
Reformar a lei de transparencia e bo goberno
incluíndo plans de prevención de riscos da corrupción e crear unha comisión interdepartamental encargada da
coordinación e supervisión do sistema e
o seu cumprimento, así como un órgano
responsábel da integridade e prevención de riscos de xestión por centro.
Facilitar unha canle para comunicar situacións
relacionadas coa corrupción e a integridade acompañado de medidas de seguridade
para garantir a “confidencialidade da información e medidas de indemnidade para
a protección dos denunciantes de boa fe”.
Na iniciativa, o BNG tamén propón crear un Comité de ética co obxectivo
de coñecer e investigar as denuncias, implantar unha liña de denuncias
específica de actos contrarios á ética e integridade institucional, e un
procedemento para a investigación de actos contrarios á ética e sancións polos incumprimentos.
En
relación coa formación, establecer un plan de capacitación e actualización como
ferramenta ao servizo da sensibilización en integridade e ética pública
dirixida de forma diferenciada aos distintos colectivos do persoal.
O BNG pregunta ao Goberno español por que non condenou aínda o atentado dos EEUU contra Qasem Suleimani
Esta
mesma mañá o deputado Néstor Rego rexistrou unha pregunta escrita
en relacion co ataque terrorista dos EEUU en Iraq, que lle custou a
vida do xeneral iraní Qasem Suleimani e que ameaza con provocar unha
escala de violencia e un novo conflito na rexión.
O
BNG rexistrou unha iniciativa para saber porque o Goberno español
non condenou aínda unha acción unilateral dos EEUU que viola a
soberanía de Iraq e o dereito internacional, e tamén para coñecer
se o goberno ten previsto a retirada das tropas de Iraq