Esta maña o deputado Néstor Rego achegouse ata As Pontes para
reunirse co comité de crise de Endesa e trasladarlle as medidas
alcanzadas no acordo de investidura que o BNG logrou no Congreso dos
Deputados.
Apunta
o deputado nacionalista que estas son unhas medidas precisas para
comezar a resolver a situación de crise xerada polo anuncio do
cesamento de ENDESA e fai fincapé no compromiso do goberno de facer
as modificación normativas e lexislativas necesarias para que Galiza
sexa incorporada cos mesmos dereitos en que xa están outras
comunidades como Asturias, Aragon ou Castela e León aos plans
alternativos de centrais pechadas. Dende o BNG espérase que “nun
prazo de seis meses se asine un convenio de transición xusta para As
Pontes” e do mesmo xeito “que ese convenio de transición xusta
incorpore as partidas orzamentarias necesarias para garantir que vai
haber novas actividades e que vai haber tamén emprego nesta vila e
na comarca”.
Durante
a xuntanza co comité de crise, tamén se abordou a necesidade de que
maneira inmediata se poña en marcha esa mesa de traballo con todas
as partes implicadas onde estean o Goberno central, a Xunta de
Galiza, o Concello das Pontes, mais tamén a parte social como os
sindicatos, a empresa e todos os colectivos afectados. Para seguir de
preto como se van articulando ese convenio de transición xusta e
como se van habilitando medidas que lle dean solución, especialmente
á industria auxiliar.
“Isto
pódese facer xa de maneira inmediata e dende logo o noso compromiso
vai ser traballar para que haxa solucións o antes posíbel para As
Pontes” afirmaba Néstor Rego. Departamento de comunicación