El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Ana Miranda: "Desde o BNG defendemos o salario mínimo europeo como medida de loita contra a desigualdade social"

14-01-2020 18:32:28
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, valora positivamente o anuncio da Comisión Europea de iniciar os trámites para poñer en marcha un salario mínimo europeo como unha medida de loita contra a desigualdade social. A proposta da Comisión radica en aumentar o soldo mínimo en todos los países da Unión Europea co obxectivo de acadar unha remuneración mínima equivalente ao 60% do salario medio de cada Estado. 

Para Miranda a implantación do SME permitirá poñer fin á situación de pobreza na que se atopan milleiros de traballadores e traballadoras. “Trátase dunha medida imprescindible para rematar coa precariedade laboral”, salienta lembrando que esta foi unha das propostas económicas defendidas polo Bloque na campaña das eleccións europeas do pasado 26 de maio. 

Por outro lado, a portavoz nacionalista en Europa resta importancia ás críticas dalgúns  países, xa que segundo indica o obxectivo que apunta a Comisión Europea radica en fixar unha remuneración mínima equivalente ao 60% del salario medio de cada país, forma que se garanten as peculiaridades estatais. “O que resulta imprescindible é que os salarios garantan un nivel de vida digno para a cidadanía”, destaca. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias