O BNG lanza a candidatura de Ana Pontón á
Presidencia da Xunta cun acto multitudinario que congregará a 700 cargos e
militancia de base este domingo en Santiago de Compostela baixo o lema Galiza en MarchA!, cun xogo gráfico intencionado para
visualizar a Galiza vivA, en marchA, e a unha candidata: AnA presidentA.
Tras ser elixida pola militancia sen
ningún voto en contra, con este acto de presentación da candidata o Bloque arranca
unha intensa axenda de traballo de precampaña coa intención de liderar o cambio
real que Galiza necesita.
“Será un acto moi potente porque
traballamos co convencemento de que este país ten un futuro que gañar e no BNG
xa temos toda a maquinaria posta a funcionar para que a partir deste domingo
Galiza comece a construír ese futuro cunha sociedade xusta, equitativa e
democrática, unha Galiza en feminino e feminista que necesitamos as maiorías
sociais deste país”, sintetizou Olalla Rodil que xunto con Xavier Campos
presentaron o acto como responsables da área de comunicación da Executiva
nacional.
O Bloque salienta que Ana Pontón non é
unicamente candidata do BNG “senón fundamentalmente a candidata dos sectores
máis dinámicos, vivos, conscientes e que máis desexan un cambio real en Galiza,
sexan nacionalistas ou non e con independencia do que votasen noutros momentos”,
explicou Campos.
De feito, o BNG considera que hoxe “hai
unha maioría transversal con votantes de diferentes partidos que identifican en
Ana Pontón como a persoa que lles gustaría que presidise esa Galiza diferente e
mellor que reclama unha maioría social neste país”, subliñou o secretario de
comunicación, “e imos traballar para que sexa a candidata desa maioría que se
move en clave progresista, que ama Galiza e que pensa que o desenvolvemento
económico e social non pasa por máis Madrid, senón por máis Galiza”.
Por iso, o BNG sae a por todas e non
se pon límites para liderar o cambio real que deixe atrás a década dun Feixóo “que
ten unha triste historia de submisión” e que reacciona “airado” ao un acordo de
investidura no que a formación nacionalista conseguiu nun mes o que o xefe do
Executivo galego non foi capaz de lograr en dez anos de goberno.
A estratexia de cara aos vindeiros
meses é levar adiante un intenso traballo de contacto social, con encontros con
colectivos e entidades directamente beneficiados polo acordo pero tamén unha
intensa campaña de explicación do proxecto político do Bloque para as vindeiras
eleccións galegas, un proxecto centrado “na modernización, o desenvolvemento económico,
a cohesión social e a defensa do autogoberno”, resumiu Campos.
“Temos a mellor candidata para
construír a Galiza do futuro e o BNG está preparado para liderar o cambio
político que se precisa para conseguir un país xusto, inclusivo, feminista.
Temos organización, equipo, solvencia e proxecto”, salientou Rodil.
O acto de presentación e lanzamento da
candidatura acollerá unha pluralidade de voces que van desde o ex reitor da
Universidade de Vigo, Salustiano Mato; a escritora Ana Cabaleir, o investigador
Adrián Cordido, a feminista e activista pola igualdade Daniela Fernández, o
presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo ou Eugenio Quintas,
médico no Hospital de Verín. Departamento de comunicación