El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | BNG

Pontón: "O do AVE é un vacile"

17-01-2020 18:06:29

Desde Vigo e a preguntas dos medios, a portavoz do BNG, Ana Pontón, cualificou de burla o novo anuncio de retraso na chegada do AVE a Galicia, do que responsabiliza a PP e PSOE. “O do AVE é un vacile porque levamos anos soportando anuncios de retrasos na alta velocidade a Galiza con gobernos do PP e con gobernos do PSOE. Ía chegar no 2009, 2012, 2016, 2018, 2019, estamos no 2020 e o único que sabemos é que por responsabilidade do PP e do PSOE, mentres noutros lugares do Estado levan décadas desfrutando o AVE, Galiza leva 25 anos de mentiras, enganos e incumprimentos, o que é unha auténtica tomadura de pelo”. 

Para o BNG o Goberno tense que poñer a traballar para que a chegada do AVE non se demore máis, “pero esta é unha responsabilidade compartida das forzas estatais e unha mostra máis de como tratan a este país”, salientou Pontón. Para a líder nacionalista, “nas últimas semanas comprobamos que para que Galiza conte o importante é ter no Congreso forzas políticas propias como o Bloque, que vai condicionar o seu apoio a que se cumpra coa axenda galega e cos intereses deste país”. “Imos seguir traballando nesa senda, tanto na chegada do AVE como na modernización do transporte ferroviario”, destacou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias