El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

CASO MESTRE MATEO

Santiago acorda presentar ante o Supremo recurso de casación para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo

20-01-2020 18:50:44
As estatuas do Mestre Mateo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O acordo foi aprobado na sesión de hoxe da Xunta de Goberno local, en base ao informe da Asesoría Xurídica. Este recurso de casación e un extraordinario por infracción procesal serán presentados antes do 23 deste mes de xaneiro, data na que remata o prazo.
O alcalde de Santiago indicou tamén que os servizos xurídicos do Concello están valorando a posibilidade de presentar un recurso extraordinario de revisión á luz da información que está aparecendo e que segundo o rexedor probaría "sen ningún tipo de dúbida" que as esculturas foron adquiridas polo Concello, que permaneceron nel e que despois "aparecen no Pazo de Meirás" sen que exista ningún procedemento documentado para tal cambio.  

Por este motivo, "non descartamos máis adiante presentar este recurso diante do Tribunal Supremo, para poder volver atrás o procedemento e presentar novas probas". Bugallo lembrou que o Concello tería un prazo de tres meses para poder presentalo e que, nese caso, habería que retirar o de casación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias