El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "O Goberno de España é unha garantía para a recuperación dos bens espoliados no franquismo"

24-01-2020 17:34:52
Fernando Martínez (d), e Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario de Estado de Memoria Histórica, Fernando Martínez, trala que ambos destacaron o compromiso do goberno de España coa recuperación dos bens espoliados durante a ditadura franquista.  

Despois de felicitar ao secretario de Estado pola exhumación dos restos do ditador do Val dos Caídos, destacou que o goberno está estudando como recuperar para a cidadanía distintos bens que, en Galicia, pasaron a mans da familia Franco durante a etapa da ditadura en condicións forzadas. É o caso, por exemplo, do Pazo de Meirás en Sada ou a Casa Cornide na Coruña. 

Ao respecto, o alto cargo do goberno trasladou ao líder dos socialistas galegos o seu “compromiso” de utilizar todos os instrumentos legais para a recuperación para o público dese patrimonio e a “garantía” de que todo os traballos tendentes a este fin se seguirán levando a cabo “con rigor e con seguridade xurídica”. 

Así, o goberno está comprometido en auditar os bens espoliados, e “traballa con intensidade” para acreditar coa documentación necesaria esas espoliacións e, con iso, ter base xurídica para conseguir a devolución cara ao patrimonio público.  


"O Goberno cumpre"  

Pola súa banda, o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta destacou que “os socialistas somos referente na loita pola recuperación da memoria histórica”, como proba o traballo levado a cabo polo goberno presidido por Pedro Sánchez para sacar a Franco do Val dos Caídos.  

E, cos traballos xudiciais en marcha para acadar tamén a recuperación do Pazo de Meirás, Gonzalo Caballero puxo en valor que este goberno “cumpre a palabra dada” en materia de dereitos e liberdades. Situou a casa Cornide como outro caso relevante no que traballar desde o goberno e todas as institucións públicas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias