El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

SALUD | CASO CORONAVIRUS

Ana Miranda, á Comisión Europea: "Hai preparado un plan de choque para evitar a propagación do coronavirus"

25-01-2020 12:25:15
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, remitiu unha pregunta á Comisión Europea para que explique se xa conta cun “plan de choque” que evite a propagación do coronavirus. “Queremos saber como estariamos preparados en Europa en caso de aumentar os casos de contaxio”, explica Miranda. 

Pese a que no Estado español non haxa confirmado aínda ningún caso, Ana Miranda considera imprescindible que se desenvolva un amplo programa europeo que estea coordinado e que abarque tanto actuacións preventivas como de reacción fronte aos casos positivos que se poidan declarar nos diferentes países.

“Europa non pode quedar de brazos cruzados agardando a que se produzan contaxios”, manifesta a portavoz do BNG en Europa, en referencia aos tres casos xa contabilizados en Francia. “Non podemos agardar a que esteamos nunha situación de tanta gravidade como a de China para tomar as medidas oportunas”, advirte. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias