O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a poñer
“a sexta marcha” para afrontar o traballo que desembocará nas eleccións
autonómicas que serán “o fin” da etapa do PP á fronte da Xunta. Así
será, como dixo ante o Comité Nacional do PSdeG, porque “Feijóo xa xera
fartazgo”.
“Afrontamos este ano coa responsabilidade de
saber que acabaremos o 2020 gobernando Galicia”, recalcou o líder dos
socialistas galegos, en compañía do secretario de Organización do PSOE,
José Luis Ábalos, e “co convencemento de que somos a mellor opción para
Galicia”. Coa “defensa do feito” nas etapas dos
presidentes Laxe e Touriño e coa “forza e ilusión” do Partido
Socialista,
Gonzalo Caballero asegurou que o obxectivo para este ano é
“desbancar ao PP, gañar as eleccións” para dar a Galicia un proxecto que
teña no centro a política social, unha política económica pensada para
as persoas e unha aposta pola vertebración do territorio que free o
abandono do rural.
“Non imos permitir máis retrocesos na
sanidade pública”, engadiu o máximo dirixente do PSdeG, consciente de
que “berros como que Verín non se pecha” marcarán a conclusión do tempo
de Feijóo no goberno galego. “Hai unha nova Galicia que non quere seguir
esmorecendo”, evidenciou. Así as cousas, Gonzalo
Caballero chamou a toda a organización a ter “as pilas postas” para
traballar polo cambio en Galicia. “Para poñer contra as cordas a un
Feijóo que xa non representa á maioría social”, incidiu, toda vez que
non é “o político moderado” que aparenta nin “o bo xestor” que se nos
vendeu.
"Só hai dúas opcións"
Neste escenario preelectoral, no que fixo fincapé o candidato
socialista á Presidencia da Xunta é en que “só hai dúas opcións”: ou “o
proxecto esgotado” do PP ou a apertura dun novo tempo “con xustiza
social, feminismo, ecoloxismo e defensa do país”. “Nós somos o cambio no
que se pode confiar”, proseguiu, cos exemplos dos gobernos en cinco das
sete cidades galegas, en tres das catro deputacións en un centenar de
concellos por toda Galicia.
“Somos a única sigla que garante o cambio político porque conecta coa
cidadanía progresista”, destacou e chamou a mobilizarse “aos de sempre,
aos que nos deixaron de votar nalgún momento e a aqueles que votaron ao
PP pero están fartos de que só pense no PP e non en Galicia”. “Faremos
un chamamento a Galicia coa bandeira do progreso social”, avanzou, ao
tempo que comprometeu “o mellor proxecto de goberno, un proxecto sólido e
crible co que os galegos poden estar tranquilos”.
Precisamente por iso augurou Gonzalo Caballero “unha campaña sen
tregua”. “Porque Feijóo sabe que o cambio pasa por este partido”,
reflexionou, antes de chancear con repartir “chalecos antibalas para
resistir os ataques e as difamacións” que chegarán da dereita. Sobre
todo, nun contexto no que os datos din que máis do 60% dos galegos
queren relevar a Feijóo -o 73,4% no caso dos mozos entre 18 e 29 anos-.
Así é que chamou a mobilizarse, porque unha participación alta garantirá
ese resultado.
"Perdeu a centralidade"
Ademais,
o máximo dirixente do PSdeG aproveitou a súa intervención para censurar
as “descualificacións” vertidas por Feijóo contra o goberno de España,
con palabras impropias de quen representa a todos os galegos. “Perdeu
a centralidade política dende que apoiou os pactos con Vox en
Andalucía, e agora perdeu tamén o respecto institucional”, criticou, ao
tempo que advertiu que é unha estratexia “torpe” porque xa non lle
funcionou o pasado ano. “Non aprendeu”, evidenciou Gonzalo Caballero.
"Nos volcaremos en esta tierra"
Pola
súa banda, o secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos,
garantiu o “compromiso claro” de todo o partido na campaña das eleccións
galegas para conseguir “el cambio en Galicia”. “Nos volcaremos en esta
tierra”, asegurou.
“Estoy convencido de que Gonzalo
Caballero va a ser el próximo presidente de la Xunta”, afondou o
dirixente socialista, fronte a un Feijóo que “busca hacer de esta tierra
una trinchera desde la que hacer frente al gobierno de España, porque
no es bueno para Galicia”.
Ademais, Ábalos destacou a
importancia da “agenda gallega, que es la agenda socialista” na mesa do
Consello de Ministros e recalcou que está centrado na chegada do AVE a
Galicia, que será “en 2021”. Neste punto, reclamou “lealtad” a Feijóo,
máxime despois de que o Tribunal de Cuentas revelase que “dos tercios de
los contratos se pararon o ralentizaron” en 2016.
“Ya no pido la misma comprensión que cuando gobernaba Rajoy…”,
ironizou o ministro de Transporte, quen sinalou que eses atrancos non só
afectan á conclusión das obras, senón que tamén tiveron un custo de 500
millóns de euros en compensacións “que se podían haber destinado a
otras cosas”.
E, tras poñer en valor a implantación do sistema ERTMS ao longo da
vía do AVE entre Santiago e Madrid, no que supón “una inversión en
seguridad”, avanzou compromiso coa implantación de rebaixas nas peaxes
da AP-9 despois de que Aznar prorrogase a súa concesión ata o 2048.
Finalmente,
o secretario de Organización do PSOE cargou contra a política de
recortes que está poñendo en marcha Feijóo dende a Xunta, que
exemplificou, como antes fixera Gonzalo Caballero, no peche do paridoiro
de Verín. “Yo hago el AVE; que Feijóo se comprometa con la educación y
la sanidad públicas”, finalizou. Departamento de comunicación