El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

O Consello de Administración de Sogama súmase á conmemoración do XX Aniversaio do Complexo

29-01-2020 17:51:36
Acto conmemorativo do 20 aniversario.

CERCEDA | Tralo acto conmemorativo do 20 aniversario da inauguración do Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda, presidido o pasado 20 de xaneiro pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, contando coa asistencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana, así como dun amplo elenco de representantes municipais e empresariais, os membros do Consello de Administración de Sogama quixeron render hoxe a súa particular homenaxe á actividade desta infraestrutura durante dúas décadas, e que marcou un antes e un despois na xestión dos  residuos urbanos en Galicia. 

Tras un percorrido pola exposición fotográfica na que se inmortalizaron os 20 momentos máis importantes da operativa do conxunto de instalacións que conforman este Complexo, os integrantes do Consello realizaron unha visita guiada á nova planta de recuperación dos materiais contidos no lixo en masa e que colocou a esta empresa pública na cima de Europa no seu sector, liderando a innovación tecnolóxica aplicada a residuos. 

O máximo responsable da entidade, Javier Domínguez, ofreceu aos conselleiros unha minuciosa explicación sobre os principais fitos desta infraestrutura ao longo do tempo e que, tras ser impulsada conxuntamente pola Xunta de Galicia e o socio privado, hoxe Naturgy, logrou poñer fin aos centos de vertedoiros municipais contabilizados na nosa comunidade na década dos 90 e aos milleiros de puntos de vertido ilegal que ameazaban a integridade do medio ambiente galego. 

O aval de Europa, a través da concesión, a cargo dos Fondos de Cohesión, de máis de 72 millóns de euros; os excelentes resultados da auditoría encargada anos despois pola Comisión Europea, na que se corroboraron os beneficios ambientais, económicos e sociais de Sogama a través da preservación da contorna, a creación de riqueza e emprego (1.000 postos  de traballo entre directos e indirectos); e a contribución ao benestar e calidade de vida da poboación, constituíron os logros máis relevantes dunha primeira fase que culminou coa ampliación do Complexo industrial. A día de hoxe, dispón de capacidade suficiente para tratar, en condicións óptimas e coas mellores tecnoloxías dispoñibles, todos os residuos urbanos producidos en Galicia (1 millón de toneladas anuais), abrindo unha nova etapa cara á Sogama circular. 


Pechando o círculo  

Domínguez aproveitou a ocasión para enxalzar o traballo, apoio e esforzo de todos os conselleiros que, ao longo de 20 anos, contribuíron ao bo labor de Sogama, e agradeceu persoalmente aos presentes a súa firme aposta por facer desta empresa pública un modelo de referencia no mundo, abrindo o camiño cara á verdadeira Sogama Circular. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias