El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA

A Xunta autoriza o inicio do procedemento para reclamar xudicialmente ao Goberno o pago dos 200 millóns do IVE que debe a Galicia

30-01-2020 16:52:42
Núñez Feijóo.

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, avanzou hoxe en rolda de prensa que o Consello da Xunta autorizou á Asesoría Xurídica e a Consellería de Facenda a que inicien o procedemento para reclamar xudicialmente ao Goberno o pago dos 200 millóns de euros que debe a Galicia pola mensualidade do IVE do ano 2017, que é unha parte substancial dos 370 millóns de euros que aínda lle adebeda o Executivo a todos os galegos. Enviarase ao Executivo un requirimento previo, tal e como se establece na Lei, e ante o cal o Goberno terá un mes para responder. De non facelo ou facelo en sentido negativo, de maneira inmediata a Xunta presentará un recurso contencioso-administrativo. 

“Trátase de cobrar a mensualidade do IVE recadado no ano 2017, a mensualidade do mes de decembro, mensualidade que foi recadada polo Goberno central, que foi ingresada no Ministerio de Facenda e que non foi transferida á facenda autonómica”, explicou o presidente da Xunta e incidiu en que estamos ante un “feito lamentable, novidoso e unha enorme deslealdade”. Ademais, lamentou que o Goberno non quixo “nin dialogar nin acercar posturas nin concretar acordos nin concretar solucións. 

”Polo tanto, “ante tal incumprimento de forma sistemática desde o mes de febreiro do ano 2019 ata o de agora nos vemos na obriga de denunciar ao Goberno central e o lamentamos profundamente”, aseverou. O Goberno central leva case ano e medio sen convocar o Consello de Política Fiscal e Financeira, unha situación sen precedentes nas últimas décadas e un feito ilegal porque incumpre o regulamento do propio CPFF que obriga a reunilo polo menos dúas veces ao ano.  

O xefe do Executivo galego lembrou que nos últimos once meses –desde que as Cortes rexeitaron o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado nos que se incluía o pagamento desta contía- a Xunta: reclamou a convocatoria urxente do CPFF en varias ocasións; reclamou por carta ata en catro ocasións as cantidades pendentes de pago; reclamou o pago inmediato da mensualidade do IVE de 2017, e achegou en setembro un informe xurídico para desbloquear a situación. E, incluso, en ton construtivo, fixo un borrador de real decreto-lei para habilitar os pagos a Galicia e ao resto das Comunidades Autónomas que podía aprobar o Goberno de España en calquera momento durante o período no que as Cortes estiveron constituídas. “Pero durante estes once meses nos cansamos de escoitar mentiras, escusas para dilatar o pago da débeda”, salientou. 

Todos esta impagos causaron e seguen causando importantes prexuízos a Galicia cunhas importantes tensións de tesourería e cun incremento do déficit.Ademais, Feijóo lamentou que chegamos a este 2020 cunha “triple tomadura de pelo” xa que din que non van pagar os 200 millóns de IVE, que eses cartos desapareceron e que xa pasou o prazo para reclamar ese diñeiro. 

O responsable do Goberno galego concluíu salientando que se trata dunha reclamación que “vai moito máis alá do Consello da Xunta e do seu presidente”, xa que foi respaldada de xeito case unánime polo Parlamento galego; foi reclamada tamén por outras Comunidades Autónomas e hai consenso entre os expertos en financiamento. “As débedas públicas non teñen caducidade”, insistiu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias