El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG lanza a iniciativa "Pensar Galiza" para enriquecer o programa electoral

06-02-2020 16:04:01
Olalla Rodil e Rubén Cela.

O BNG pon en marcha a iniciativa 'Pensar Galiza' coa que abre un proceso de contacto e interlocución, -estruturado en once grupos de traballo-, con distintos colectivos de cara intercambiar propostas que podan servir para enriquecer o programa electoral e a alternativa de goberno da formación que lidera Ana Pontón.  

“É unha iniciativa de participación e de contraste colectivo coa que queremos enriquecer a alternativa política do BNG, o programa electoral, da man de persoas expertas en distintos ámbitos. Serán grupos de traballo temáticos nos que abordar os grandes retos que Galiza ten por diante”, explica a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil.  

Os grupos de traballo permitirán establecer “un diálogo aberto con sectores moi diversos e representativos da realidade social e económica do noso país, dunha Galiza que está en marcha, viva, dinámica, innovadora, do século XXI que aproveite o inmenso talento, creatividade e potencial que temos”, afondou a deputada nacionalista. 

“Fronte á Galiza en retroceso do PP, a Galiza en marcha do BNG, e con ese obxectivo lanzamos Pensar Galiza", sintetizou Rodil, de cara a conseguir un cambio real que o Bloque aspira a liderar, “queremos pensar cos sectores máis dinámicos e vivos como ten que ser a Galiza que queremos pór en marcha e deixar atrás a década perdida de Feixóo”. 

Con 'Pensar Galiza', a formación nacionalista busca “enriquecer e actualizar” o seu proxecto político da man de colectivos, entidades e persoas expertas e de prestixio en ámbitos como a investigación e a innovación, o feminismo, as políticas sociais, os sectores produtivos, o ecoloxismo, os servizos públicos, a lingua e a cultura. 

A iniciativa está estruturada en once grupos de traballo arredor de cinco grandes áreas temáticas, como explicou Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre: emprego e desenvolvemento económico, igualdade real e dereitos sociais, servizos públicos, demografía e a pirámide poboacional e lingua, cultura e identidade como pobo.  

O primeiro será o sábado 8 de febreiro cun encontro con representantes do sistema universitario galego e expert@s en I+D+i; coordinado polo ex reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. O 15 de febreiro igualdade, feminismo e diversidade sexual, baixo a dirección de Carme Adán, ex secretaria xeral de Igualdade no goberno bipartito.  


Vivenda, educación, sanidade  

Política lingüística, baixo a batuta de Mercedes Queixas, secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o 29 de febreiro, data na que tamén se celebrará o grupo de traballo de medio rural, conducido polo ex conselleiro Alfredo Suárez Canal. Políticas culturais, coordinado polo técnico de cultura Alberte García, será  o 7 de marzo así como  o grupo que abordará a temática de mar e pesca da man da catedrática de Economía María do Carmo García Negro.  

Dereitos sociais, vivenda, axenda urbana, educación e sanidade son outros temas que serán tratados dentro desta iniciativa en datas que se irán concretando. “Queremos afrontar a elaboración da nosa alternativa programática tendo previamente unha interlocución con persoas que, sexan ou non militantes nacionalistas, teñen unha traxectoria profesional e un coñecemento histórico e técnico que será de gran axuda á hora de complementar a alternativa programática coa que o BNG se vai presentar as eleccións galegas”, explicou Cela.  


Data electoral  

A preguntas dos medios, Rodil salientou que o BNG “está preparado e cos deberes feitos para saír a por todas, calquera que sexa a data das eleccións galegas”. A data, indicou,  “é unha prerrogativa que lle corresponde ao presidente da Xunta así que cando queira, o que si temos claro que vai convocalas en función dos seus propios intereses pero non dos intereses de Galiza”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias