SANTIAGO DE COMPOSTELA | O
próximo luns 10, dentro dun novo acto do ciclo Os Luns do Ateneo, terá
lugar unha mesa redonda titulada 'Cen anos de Nós. Perspectiva etnográfica e
artística', que contará coa participación do arqueólogo e etnomuseólogo José
Carlos Sierra e a historiadora da arte Mercedes Rozas. Na actividade, que se
desenvolverá como sempre ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, tratarase a importancia
que tivo este boletín mensual para a
explotación de Galicia e da súa cultura entre o resto de culturas europeas, moi
próximas a esta, ademais de falar dos autores que conformaron a súa xeración e
os seus efectos na arqueoloxía, etnografía, historia e pensamento.
A Revista Nós naceu
en Ourense un 30 de outubro do ano 1920. Impulsada e dirixida por Vicente
Risco, foi unha publicación sobre literatura, lingüística, arte, etnografía,
filosofía e pensamento político, que estaba vinculada ao nacionalismo e tiña o
fin de normalizar o uso da lingua e elevalo a ámbitos orais e culturais. Entre
os seus colaboradores destacaron personalidades como Otero Pedrayo, Fermín
Bouza Brey, Ánxel Fole ou Luís Pimentel.
José Carlos Sierra
estudou Historia nas Universidade de Santiago e Valladolid. Dende 1985 pertence
ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e foi director do
Museo Etnolóxico de Ribadavia e do Museo das Peregrinacións de Santiago,
ademais de ser nomeado en 2008 secretario xeral da Consellería de Cultura e
Deporte en Ourense. Pola súa parte, Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e
Historia, na especialidade de arte moderno e contemporáneo pola USC. Ademais,
desempeña o seu traballo no ámbito do comisariado de exposicións e a crítica de
arte. Máis información