El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

NAVANTIA | CASO BLUE STAR

O BNG reclama que o Blue Star sexa reparado integramente nas instalacións de Navantia

13-02-2020 17:13:42

O deputado Néstor Rego rexistrou no Congreso unha Proposición Non de Lei reclamando ao Goberno que intermedie e realice as xestións necesarias para que o buque Blue Star, que encallara na ría de Ares, sexa reaparado integramente nas instalacións de Navantia Ría de Ferrol.  

O buque que encallou na costa das Mirandas, na Ría de Ares, evidencia unha vez máis a fraxilidade e vulnerabilidade da costa galega, sempre en risco de sufrir catástrofes medioambientais polo elevado tráfico marítimo que soporta. Recollendo as demandas dos e das representantes sindicais da Confederación Intersindical Galega en Navantia, ante a falta de traballo, o deputado Nésto Rego levou esta petición o Congreso.  

O BNG ve unha oportunidade de facer da necesidade, virtude, transformando un accidente marítimo en emprego, resarcindo así, os perxuízos causados polo encallamento. A drástica caída da ocupación en obra nova, e polo tanto, a necesidade de materializar todas as posibilidades de contratación na área de Reparacións. Unha carga de traballo que chegaría precisamente a unha comarca e a un sector que leva xa moitos anos o borde do abismo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias