SANTIAGO DE COMPOSTELA | O
próximo luns -número 19 da Rúa do Vilar- acollerá unha
conferencia sobre o cambio climático dentro do ciclo dos Luns do Ateneo. Pablo
Meira, profesor de Educación Ambiental na USC, será o encargado de impartir a
charla, que leva por título 'A representación social da emerxencia climática'.
O
acto, que terá lugar ás 20.00 horas, dará as claves para entender a representación
que ten na sociedade o cambio climático. O fenómeno ambiental cobrou dende hai
anos unha importante relevancia a nivel internacional. A emerxencia do cambio
climático reactivou as políticas e a educación ambientais orientadas á
sustentabilidade. No ámbito do medio ambiente producíronse, asemade, nos últimos
anos unha grande proliferación de investigadores dende moi diversas
perspectivas para achegar referencias sobre as preguntas, dúbidas e crenzas
erróneas sobre este fenómeno.
Pablo Meira Cartea é
profesor titular de Educación Ambiental da Universidade de Santiago, ademais de
membro do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental
(SEPA). A súa carreira investigadora céntrase no estudo das bases teóricas da
Educación Ambiental, o deseño e avaliación de políticas públicas e recursos da
mesma. É tamén director de Resclima e cofundador e expresidente da Sociedade
Galega da Educación Ambiental. Leer máis