O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero,
destacou hoxe que en Galicia “hai vento de cambio”, nun contexto no que
non haberá maiorías absolutas e tras un ano “histórico” no que as
forzas de progreso obtiveron o 55% dos votos dos galegos nas eleccións
xerais fronte ao 44% que sumaron entre PP, Vox e Ciudadanos.
“Os
socialistas temos os deberes feitos e estamos preparados para liderar a
alternativa”, remarcou Gonzalo Caballero ante os medios de comunicación
á súa chegada ao Comité Federal do PSOE en Madrid, consciente de que
“Feijóo deixa unha Galicia moito peor que a que colleu hai once anos”.
Por
iso, como apuntou o candidato socialista, as enquisas amosan que “un
60% dos galegos queren un cambio no goberno da Xunta”. Por iso, apelou á
mobilización, porque “xa apareceu Vox para dicir que vai salvar ao
soldado Feijóo”. “Nós queremos combater á dereita e á ultradereita e
abrir unha etapa de progreso, liderada polo PSdeG, que estea ao servizo
dos galegos”, asegurou.
“Temos condicións para facelo”,
resaltou Gonzalo Caballero, despois de subliñar que o “desastre” na
xestión de Feijóo conduciu a que hoxe o PP non goberne en ningunha das
sete cidades galegas e os socialistas, en cinco. “Retiráronlle o apoio
de forma masiva”, agregou, antes de ironizar con que presente a súa
candidatura hoxe en Vigo.
“Tras once anos de abandono,
quere usar as cidades como trampolín para un rédito electoral do que
está distante”, afirmou Gonzalo Caballero, quen uniu ao “desprezo” de
Feijóo polas cidades o “esquecemento” que tivo do medio rural. Así é
que, proseguiu, agora “quere pasar de puntillas pola campaña”, para
frear “unha mobilización masiva” a través da cal “o cambio será
imparable”.
Goberno que "convén" a Galicia
En
paralelo, o líder dos socialistas galegos destacou o seu apoio ao
goberno de España, que “está desenvolvendo unha axenda de cambio e de
avance para o país” e freando “o risco de involución que supoñen as
dereitas e a ultradereita”.
Ademais, como dixo, un
goberno que “sube as pensións, o salario mínimo, o soldo dos
traballadores públicos…” é un goberno que “convén” a Galicia, a
diferencia do que ocorría cando gobernaba o PP de Rajoy. “Deixou 2.300 millóns de euros sen executar, e Feijóo foi cómplice.
Paralizou as obras do AVE durante tres anos, e o Tribunal de Cuentas
fala de graves irregularidades nese proceso, e Feijóo aplaudía”,
recordou Gonzalo Caballero.
Así as cousas, concluíu que
“é necesario un cambio en Galicia, para facer boa política para os
galegos”. “E traballando con fluidez co goberno para solucionar os
problemas de Galicia que Feijóo non solucionou cando gobernaba Rajoy”,
finalizou.
Pedro Sánchez: "Gonzalo, el presidente que Galicia necesita"
Por
su parte, el secretario general del PSOE y presidente del gobierno,
Pedro Sánchez, destacó en su intervención ante el Comité Federal que
“tenemos proyecto y tenemos equipo para ganar en Galicia”. “Gonzalo,
eres el presidente que Galicia necesita; el presidente que necesita la
sanidad pública gallega, las infraestructuras gallegas, la industria
gallega…”, recalcou.
“Confiamos en ti, Gonzalo. Y
encontrarás en el PSOE y en el gobierno los mejores aliados de Galicia,
para que seas el presidente que la Xunta necesita y merece”, asegurou
Pedro Sánchez, tras “una década perdida” cun Feijóo que representa “el
desmantelamiento” dos servizos públicos, “la emigración” da xuventude,
“el vaciado” do medio rural o “los problemas” de pemes e autónomos.
Así
o dixo o mandatario socialista tras recordar que o domingo pasado houbo
en Santiago unha manifestación masiva en Santiago contra “los
constantes ataques del PP a la sanidad pública”. “Porque, no contento
con la dimisión en bloque de los jefes de servicio de Vigo, Feijóo
decidió que dar a luz en Verín no era un derecho, sino un lujo”,
criticou, e chamou a “non confiarse” pola rectificación do peche en
etapa preelectoral. Departamento de comunicación