El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | ELECCIÓNS 5A

Ana Pontón: "O 5 de abril hai unha oportunidade de derrotar ao PP"

24-02-2020 16:19:03

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, dixo que "o 5 de abril hai unha oportunidade de derrotar ao PP, pero non chega con derrotalo hai que poñer en marcha un cambio real que só garante un goberno liderado polo BNG porque temos un proxecto pensado desde nós e para nós, coas mans libres para defender este país. Somos a única garantía de non seguir con gobernos sucursalistas de Madrid que non son unha solución de futuro”, explicou.

A preguntas dos medios, a portavoz nacional cualificou de “escándalo” que Feixóo se negue a comparecer no Parlamento para explicar a fraude na utilización de fondos públicos por parte do PP detectada polo Tribunal de Cuentas. “Un partido que sempre ten tanto afán por falar de Venezuela agora se nega a dar explicacións sobre o diñeiro negro que utilizou para financiar a campaña electoral do PP con recursos que tiñan que ter sido destinados a atender as necesidades sanitarias e sociais dos galegos e das galegas. Calquera dirixente democrático tería dado a cara ante un asunto desta gravidade e  Feixóo non pode seguir escondéndose”, declarou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias