El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

XORNADAS EUROPEAS | MULLERES NA PESCA

Ana Miranda: "É imprescindible visibilizar o traballo das mulleres no mar e a desigualdade das súas condicións laborais"

24-02-2020 19:48:56

BRUXELAS | Na primeira sesión das xornadas europeas Mulleres na Pesca - que se celebra en Bruxelas até o vindeiro mércores-, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, destaca que é imprescindible dar un forte impulso á visibilización do traballo das mulleres no mar -como redeiras, mariscadoras, e traballadoras das conservas e das empresas dos produtos do mar-, e as súas situacións laborais específicas, nas que a desigualdade e a nota predominante.

Para Ana Miranda, este esforzo de visibilización ten que ir acompañado por unha política económica que se reflicta nos vindeiros fondos europeos e que supoña unha mellora efectiva da situación das mulleres neste sector produtivo. Precisamente as integrantes da delegación galega coincidiron na denuncia destas desigualdades nas súas condicións de traballo e na necesidade de loitar para mellorar esa discriminación. 

Neste primeiro día das xornadas da Rede Europea de Mulleres da Pesca (AKTEA), a delegación galega mantivo un encontro con mulleres do sector pesqueiro e marisqueiro procedente de diversos países, como Croacia, Chipre, Irlanda, Italia, Reino Unido e Azores. Nesta reunión intercambiaron as diferentes condicións de traballo nas diferentes zonas europeas e o día a día que marcan a súa experiencia laboral e profesional. 


Contribución galega 

Até o mércores a delegación de mulleres galegas manterá diversas reunións para afondar nestas cuestións, que de xeito que na mañá do martes 25 a xornada se desenvolverá baixo o título “Creación de capacidades-formación: unha introdución ás políticas pesqueiras da UE e os dereitos das mulleres”. Neste marco, as representantes galegas participarán na mesa redonda sobre o traballo das mulleres no sector pesqueiro, as súas dificultades e as súas oportunidades. 

Nesta mesa redonda tomarán a palabra as representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), a Federación Galega de Redeiras O Peirao, -en ámbolos dous casos coa presenza das respectivas presidentas-, a Asociación de Mariscadoras de Carril (Amarcarril), a Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, a Asociación cultural de mulleres do mar de Cesantes (Amarturmar), así como a Asociación de Redeiras Atalaia, de A Guarda. 

Xa pola tarde a xornada abordará a relación das políticas da UE e as mulleres na pesca, así como a igualdade de xénero e a política pesqueira. O mércores está previsto a celebración da asemblea xeral da Rede Europea de Mulleres da Pesca (AKTEA), que ten como obxectivo propoñer solucións sobre o trato desigual entre homes e mulleres nas diferentes actividades da pesca, para o cal defende a constitución de equipos de traballo para desenvolver a estratexia de Aktea.  


Naufraxio 

Ana Miranda expresa o pesar do BNG no Parlamento Europeo e a delegación galega das mulleres na pesca polo naufraxio acontecido hoxe, no que un pesqueiro de Baiona naufragou nas inmediacións das illas Cíes. Lamenta ademais o falecemento dun dos tripulantes, cuxo corpo foi atopado preto da embarcación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias