El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

BNG | PSdeG

BNG e PSdeG critican o uso electoralista da visita a Bruxelas da delegación galega do Pacto Verde dos alcaldes

02-03-2020 16:31:27

BRUXELAS | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o eurodeputado do PSdeG-PSOE, Nicolás González Casares, critican que o goberno do PP utilice de forma electoralista a visita a Bruxelas da delegación galega do Pacto Verde dos alcaldes, que terá lugar mañá e pasado na Fundación Galicia Europa, no Comité de Rexións e no Parlamento Europeo.

Nicolás Gómez Casares e Ana Miranda consideran que o Goberno galego valeuse da representación do PP no Parlamento Europeo sen ter en conta que BNG e PSdeG suman máis dun terzo de alcaldesas e alcaldes no territorio galego, gobernando sobre unha ampla maioría da poboación galega. “Parécenos impresentable este uso partidista valéndose incluso de que no programa do acto figure unha recepción cun eurodeputado do PP” afirman conxuntamente Nicolás González Casares e Ana Miranda. 

“O Partido Popular segue sen entender que os intereses de Galicia están por riba dos intereses de partido. É lamentable que a Xunta manipule desta maneira unha delegación de alcaldes e alcaldesas plural, convertendo nun acto de precampaña electoral unha visita institucional”, sinala Nicolás González Casares, quen censura “que semella que o Partido Popular pretende con manipulacións coma esta tapar a nula actuación da Xunta en relación ao Pacto Verde Europeo ou o Fondo de Transición Xusta”. 

“Lamentamos que nin desde o Goberno galego nin desde a Fundación Galicia Europa se puxeran en contacto coa representante do BNG en Europa, que  non foi convidada a ningún dos eventos programados”, manifesta Ana Miranda, quen considera que é fundamental “manter o respecto institucional á hora de organizar iniciativas transversais que afectan ao futuro do noso país”, como son as actuacións para levar a cabo a neutralidade climática. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias