El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

REY EMÉRITO

O BNG considera absolutamente necesaria a comisión de investigación sobre as informacións de corrupción de Juan Carlos I

06-03-2020 16:47:13
Juan Carlos I

O Bloque Nacionalista Galego entende que segundo máis información se vai coñecendo sobre as posíbeis comisións cobradas por Juan Carlos I no momento en que era aínda Xefe do Estado fan absolutamente necesarias a constitución da comisión de investigación parlamentar solicitada polos grupos Republicano e Plural, no que se integra o BNG. 

Néstor Rego entende que “as institucións públicas así como as xudiciais, non poden deixar pasar por alto posíbeis casos de corrupción en actuacións realizadas no momento en que Juan Carlos I exercía como Xefe do Estado”. Nese sentido, insta os grupos que conforman o goberno do Estado, PSOE e Unidas Podemos, a que apoien esta comisión de investigación. 

Na opinión do deputado do BNG, intentar ocultar, como se leva realizado ao longo dos últimos 45 anos, as posíbeis prácticas fraudulentas e corruptas realizadas polos Borbóns, non fai máis que incidir no descrédito da Casa Real e da monarquía e pór en evidencia o carácter pouco democrático do Réxime de 78. O deputado nacionalista salienta precisamente que a monarquía “é unha institución absolutamente anacrónica e incompatíbel cun sistema que se queira democrático, en que a Xefatura do Estado debe ser elixida por todos os cidadáns e cidadás.  

Para Rego non é de recibo que na altura do século XXI a Xefatura do Estado sexa “vitalicia, hereditaria, posta pola “graza de Deus”, e neste caso tamén pola de Franco, na medida en que foi o ditador quen nomeou sucesor a Juan Carlos Borbón”. Na opinión do deputado nacionalista é precisamente este carácter vitalicio e hereditario, xunto coa inviolabilidade do rei e o escudo mediático co que sempre foi protexido, o que facilita a realización de todo tipo de prácticas corruptas como estas que se están dando a coñecer. Por iso, insiste Rego,  “é unha cuestión de hixiene democrática que se poida investigar no ámbito parlamentar sobre este asunto”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias