A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de
vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de
50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde.
A directora
xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o
xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández,
presentaron hoxe os resultados de reciclaxe de vidro, que no caso
de Galicia seguen a ser destacados, pois grazas ao esforzo de depositar
unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3
kg/hab, superando a media do conxunto do Estado.
Cruz Ferreira
Costa salientou que a reciclaxe de vidro é unha mostra da implicación e
toma de concienciación dos galegos coa economía circular, pois
comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se
recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6%
respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn).
En canto á recollida por
provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1
kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de
Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha
taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente. En
termos porcentuais, destaca a subida en 7 puntos da provincia de
Ourense, que pasou de reciclar 4.819 Tn en 2018 ás 5.154 no pasado ano.
A
directora xeral tamén destacou o envío a Ecovidrio de case 20.000 Tn
(18.999) de residuos de envases de vidro que chegaron ao Complexo Medio
Ambiente de Sogama en Cerceda na bolsa negra e que Sogama recuperou para
a súa xestión por parte de Ecovidrio.
Ferreira Costa salientou que detrás deste récord de reciclaxe hai
dous aspectos importantes, como son a contenerización, un aspecto
fundamental para facilitar a reciclaxe de vidro aos cidadáns que hoxe
contan con 16.515 puntos repartidos ao longo da xeografía galega para o
depósito deste material, un 3,4% máis que respecto do anterior; e as
campañas informativas e divulgativas, como Recicla Vidro por elas,
accións puntuais en eventos lúdicos e gastronómicos, como o San Juan da
Coruña, Feira do Marisco no Grove ou o San Froilán de Lugo.
A
representante da Consellería de Medio Ambiente recalcou a necesidade
camiñar cara o modelo de economía circular e facer fronte á emerxencia
climática, polo que a reciclaxe, concretamente a de vidro, é un elemento
fundamental para evitar emisións de gases de efecto invernadoiro e a
sobreexplotación dos recursos.
Indicou que grazas ao esforzo realizado
en 2019 evitouse a emisión de máis de 40.0000 toneladas de CO2, é dicir,
o equivalente a retirar máis de 19.200 coches de la circulación durante
un año; ou a extracción de máis de 85.000 toneladas de materias primas
da natureza, o equivalente a 8 veces o peso da Torre Eiffel; así como
aforrar máis de 50.000 Mwh de enerxía equivalente ao consumo realizado
por todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses.