A
portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, mantivo un encontro cos
alcaldes, alcaldesas e responsables dos gobernos municipais no marco da cita do
5A, e destacou que os concellos liderados polo BNG son “exemplos de bo goberno”
e de políticas transformadoras capaces de mellorar a vida das persoas.
Ese modelo de “gobernos de calidade”
xunto coa experiencia e capital acumulados avalan que BNG está preparado para liderar o goberno do
cambio real.
“Nos concellos demostramos a
experiencia acumulada de gobernos transformadores, un valor moi importante que será tido en
conta porque os mellores gobernos municipais levan a marca BNG e ese é un aval
tamén para pedir a confianza dos e das galegas”, explicou Pontón.
Son concellos que innovan, que confían
na capacidade do país e poñen sobre a mesa medidas alternativa, pioneiras para
afrontar os retos, alegou, e proban como desde a confianza no noso potencial
somos capaces de facer cambios transformadores.
“Iso é o que lle ofrecemos aos galegos
e galegas o 5A: unha experiencia e un capital acumulados, que estamos preparad@s
para gobernar, para que Galiza sexa gobernada desde Galiza, para deixar atrás o
sucursalismo e as maiorías absolutista inútiles e poñer en marcha un cambio
galego”, recalcou.
“Nos concellos ten o BNG unha equipa
de persoas con solvencia, capacidade de xestión, honestidade,
rigor para gobernar desde a humildade, sabendo escoitar e adaptando as
solucións á realidade. Así é como queremos gobernar a Xunta. Temos detrás parte
da receita que nos pode procurar o éxito porque estamos preparadas e preparados
e temos vontade e ideas para transformar en positivo este país”, afondou.
No terreo das propostas, Pontón
avanzou como prioridade de goberno corrixir o déficit de financiamento que
soportan os concellos: “cada vez prestan máis servizos propios ou impropios,
pero sen recibir os recursos suficientes”, explicou, tras comprometerse a que
un goberno liderado polo BNG será aliado dos municipios.
Para iso, a proposta é impulsar un novo
modelo de financiamento que pase por un concerto económico, no que sexa Galiza
quen recade o 100% dos recursos e faga unha distribución en función da
realidade dos concellos....
50 euros menos por habitante
Prioritario “acabar coa discriminación
que soportan os concellos galegos na distribución dos fondos que chegan desde o
Estado”, de tal xeito que reciben 50€ menos por habitante que a media estatal
para xestionar os mesmos ou mais servizos. “Por poñer un exemplo, un concello
como Carballo deixa de ingresar nada menos que 1,5 M€ por este modelo e penso
que a Evencio se lle ocorren moitos proxectos aos que destinar estes cartos”,
indicou en referencia ao rexedor bergantiñán.
En nome dos gobernos municipais, a
alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou que os concellos do BNG están “esperanzados
co cambio para ter un goberno aberto e que trate por igual a todos os concellos
do país. Imos traballar fondamente para que iso suceda”, asegurou.
“Onde gobernamos demostramos que
sabemos facelo e todo ese capital humano, toda a experiencia acumulada neses
gobernos imos poñela a disposición dese cambio galego”, concluíu González. Departamento de comunicación