Tomando
en conta as últimas informacións sobre prácticas corruptas de Juan
Carlos de Borbón no ano 2010, cando aínda era Xefe do Estado, o
deputado do BNG, Néstor Rego dirixiu
unha pregunta ao Goberno español para coñecer que actuacións pensa
desenvolver co obxecto de investigar actuacións que afectan de forma
directa a unha da institucións do Estado.
En
concreto, Rego fai referencia á confesión de quen foi o seu
“xestor” nesa operación, Arturo Fasana diante da fiscalía
suíza na que -segundo recollen algúns medios- tería
asegurado
que xestionou para Juan Carlos de Borbón o deposito nunha conta
suíza de 1,7 millóns de euros procedentes presuntamente do sultán
Bahrein.
Cabe
lembrar que o intermediario nesta operación estivo tamén procesado
nun dos casos de corrupción máis relevantes dos últimos anos como
é o caso Gurtel. O deputado nacionalista destaca que estamos a falar
ademais de feitos que ocorrerían no ano 2010, cando Juan Carlos de
Borbón exercía como Xefe do Estado.
Néstor
Rego sinala que son aínda recentes as informacións sobre a presunta
cobranza por parte de Juan Carlos de Borbón de comisións ilegais de
Arabia Saudita relacionadas com a adxudicación do tren de alta
velocidade entre Medina e a Meca e o depósito de 100 millóns de
euros nunha conta Suíza. Posteriormente parte deste diñeiro iría a
unha entidade radicada nas Bahamas, a Fundación Lucum, coa que
tamén está relacionado o actual Xefe do Estado, Felipe de Borbón.
Para
o deputado nacionalista, estamos a falar de feitos acreditados porque
foron mesmo confirmados polo actual Xefe do Estado, Felipe de Borbón
en un comunicado oficial da Casa Real no que recoñecía que
coñecía esta situación desde hai un ano e que, con todo non a
denunciaba ante a xustiza, limitándose a unha acta notarial de
renuncia da herdanza sen consecuencias prácticas de ningún tipo.Rego
engade que é coñecido, ademais, que Felipe de Borbón tamén está
relacionado com outra fundación, denominada Zagatka e com sede
en Leichenstein, á fronte da cal está Álvaro de Orléans, un
primo de Juan Carlos I.
Ante
estes feitos gravísimos, lembra Néstor Rego, o BNG, conxuntamente
com outras forzas política, presentou a solicitude dunha Comisión
de Investigación parlamentaria com o obxectivo
de esclarecer actuacións de corrupción de afecta directamente á
Xefatura do Estado, tanto na figura de Juan Carlos de Borbón como na
do seu fillo -e herdeiro do cargo-, Felipe de Borbón. Con todo
-sinala Rego-, a Mesa do Congreso non creu conveniente investigar
estas actuacións presuntamente delituosas, nunha actitude impropia
dun sistema que se diga democrático, preferindo optar por tentar
ocultar a corrupción dos Borbóns”.
O
BNG destaca que estamos diante dunha fervenza de informacións que
comprometen a pouca credibilidade que queda a unha monarquía xa
profundamente desprestixiada. “Desde o punto de vista do BNG
-subliña Néstor Rego- non investigar este tipo de condutas que
afectan directamente á Xefatura do Estado é equivalente a amparalas
e mesmo a lexitimar socialmente a corrupción. Por tanto, defendemos
que é necesario investigar, tanto no ámbito político como xudicial
para determinar as responsabilidades e consecuencias a que houber
lugar”.
O
deputado nacionalista conclúe que, ademais de investigar, é
necesario acabar xa cunha monarquía que como institución “é
anacrónica e impropia dun sistema democrático, no que o Xefe do
Estado debe ser elixido pola cidadanía. Non é admisible en
democracia unha Xefatura do Estado vitalicia, hereditaria, que exerce
“pola graza de Deus” e, neste caso, sobre todo pola do ditador
Francisco Franco”. O
BNG insistirá na solicitude para crear unha comisión unha
parlamentaria de investigación da corrupción dos Borbóns. Departamento de comunicación