El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | SOGAMA

Sogama reactiva a contratación cun investimento de máis de 5,1 millóns para melloras no complexo medioambiental

12-05-2020 16:59:53

CERCEDA | Tralo obrigado parón nos procedementos administrativos como consecuencia da crise sanitaria do COVID-19, Sogama reactiva, cun investimento de máis de 5,1 millóns de euros, a contratación de obras e servizos a fin de acometer diversas melloras no Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña). 

Entre as mesmas, cabe reseñar a ampliación do depósito controlado de cinzas, cun importe de licitación de 2.783096,32 euros. Neste sentido, é preciso recordar que Sogama somete a valorización enerxética, a temperaturas superiores a 850º e utilizando os sistemas de depuración de gases máis innovadores e vangardistas, a fracción non reciclable dos residuos urbanos, resultando deste proceso dous produtos finais:  escouras (inertes) e cinzas. As primeiras entréganse a xestor autorizado e assegundas son introducidas en sacos big-bag, herméticamente pechados, para ser ubicadas nun depósito que cumpre con todos os requisitos ambientais e as máximas garantías de seguridade.  

A obra a acometer está suxeita aos requisitos da Autorización Ambiental Integrada, destacando o potente sistema de impermeabilización do fondo do vaso,  dotado de varias capas conformadas polos seguintes elementos: xeocomposto bentonítico de 5.000 g/m2, diversas láminas de PEAD de 2 mm de espesor lisa, xeocomposto drenante constituído por unha xeomalla drenante de PEAD e lámina de xeotéxtil non tecido de 120 g/m2, ademais dunha capa de 50 cm de grava drenante 15/30 mm e cunha condutividade hidráulica superior a 10-4 m/s.  


Sistemas de depuración automáticos e máis eficientes

Así mesmo, a compañía procederá á automatización e optimización do funcionamento das depuradoras do Complexo a fin de facelas máis eficientes. Cunha contía de 164.868,55 euros, esta licitación comprende a actualización do hardware de control automático, así como o deseño, programación, instalación e posta en marcha dun novo software de control SCADA. 


Novo edificio de servizos con prestacións reforzadas

Tamén sacará a concurso, por 2.158.673,26 euros, a obra do novo edificio de servizos coa pretensión de seguir mellorando as condicións laborais dos traballadores e que estes dispoñan dos medios axeitados para levar a cabo o seu labor coas maiores garantías de hixiene, seguridade e salubridade.  O novo edificio albergará vestiarios, zona de descanso, comedor, sala de formación, así como a área de enfermería.  Adicionalmente, incluirase a instalación dun sistema de carga de vehículos eléctricos no parking do complexo. 

A contratación esixe a dotación, en réxime de aluguer, de módulos provisionais para que, durante o período de execución da obra, os operarios sigan contando coas mesmas prestacións. As licitacións correspondentes á ampliación do depósito controlado de cinzas, así como a obra do novo edificio de servizos, xa están publicada na plataforma SILEX da Xunta de Galicia. Departamento de comunicación
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias