A contratación do persoal investigador hospitalario en Galicia realízase mediante dúas vías: Fundacións Biomédicas de xestión privada, ou a través de RRHH do SERGAS na Conselleria de Sanidade.
Estas contratacións realízanse de xeito precario e inestábel; sen
categoría profesional, con salarios dispares e incumprindo, debemos
subliñar, sempre, as condicións descritas no DOG e no BOE para a sua
estabilización unha vez superado o plan de captación de talento.
Indicamos, a
modo de exemplo, o caso máis actual que afectou ao investigador xefe de grupo Manuel Collado, contratado a través do programa de captación de
talento Miguel Servet. O programa Miguel Servet do Instituto de Salud
Carlos III (ISCIII) ten como finalidade a incorporación de
investigadores e investigadoras de excelencia no Sistema Nacional de
Saude (SNS). Este programa consta dunha primeira etapa de 5 anos e dunha
segunda de 3 anos. Logo de aprobar as correspondentes avaliacións
competitivas do ISCIII estes e estas investigadoras, de acordo coas
bases da convocatoria deben integrarse en forma de persoal estatuario
dentro do SNS na respectiva comunidade autónoma. A actual situación en
Galiza, porén, dista moito de ser así. Unha vez rematado o programa, os
e as investigadoras Miguel Servet son contratados por dous anos (con
avaliacións cada ano) e de forma constante mesmo ata a súa xubilación, e
en moitas ocasións cunha remuneración salarial menor a pesar de dispor
de maior experiencia e maiores responsabilidades.
Esta forma
de proceder do SERGAS e da ACIS (Axencia de coñecemento en Saúde) impide
desenvolver unha carreira científica plena, con garantías e coa
dignidade propia que debe ter un profesional de tal cualificación, así
como de ser un desgaste continuado no plano mental e persoal evitábel.
Impacta ademáis en todo o sistema, xa que os e as investigadoras Miguel
Servet dirixen equipos que á súa vez vense directamente afectados,
perdendo competitividade para a captación duns recursos que
beneficiarían en última instancia a toda a sociedade. Un estudo
publicado en 20151
anotaba numerosos beneficios da participación do personal investigador e
en concreto do personal do programa Miguel Servet nos centros de SNS. A
mesma administración penaliza o talento, facendo que os e as
investigadoras dediquen parte do seu tempo a lidiar ca administración en
lugar de poder concentrarse plenamente no seu traballo e nas suas
investigacións.
A modo
ilustrativo desta situación, o luns pasado, Manuel Collado, investigador
Miguel Servet do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago
(IDIS), onde dirixe un laboratorio sobre avellentamento e células nai,
afrontaba a súa última semana de contrato sen ningunha notificación
oficial.
Debido á grande visibilidade e impacto da súa problemática, ACIS
(Axencia de coñecemento en saúde) comunicoulle a prolongación do seu
contrato dous días máis tarde.
O pasado luns volvía viralizarse outro tweet do propio doctor Collado
apuntando que carecía acceso ao correo institucional do SERGAS ao “estar
no paro”. Horas máis tarde, e de novo despois dun gran impacto nas redes sociais, o contrato era realizado.
A ultima hora da tarde e tras varios trámites internos que dependen da xerencia do CHUS, consegiu por fin dispoñer do correo electrónico
institucional.
Lamentablemente,
estas situacións son insotíbeis humanamente e, en cambio observamos
como son recurrentes en todos os eidos da investigación alén do ámbito
sanitario.
Dende InvestiGal denunciamos a actual situación precaria do
personal investigador no ámbito hospitalario e no caso concreto dos
investigadores Miguel Servet. A administración e xestión administrativa
da ciencia deben axudar e protexer ao personal investigador. InvestiGal
- Rede Galega pola Investigación fai un chamamento á rectificación das
autoridades competentes desta forma lesiva e irregular de proceder.
Demandamos, nesta liña, que sexa desenvolvido un plan de estabilización e
de incorporación destos investigadores e investigadoras aos cadros de
persoal dos hospitais. Pedimos en fin que se cumpra a lei por parte de
quen a xestiona. Departamento de comunicación