El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

CASO ALCOA | BNG

Pontón reclama nacionalizar Alcoa e unha tarifa eléctrica que poña fin ao espolio da enerxía

Urxe á Xunta e ao goberno central a buscar solucións que impidan o peche da factoría

07-06-2020 12:30:14
Alu Ibérica, en María Pita (A Coruña).

Unha delegación do BNG, encabezada pola portavoz nacional, Ana Pontón participou na manifestación convocada polos traballadores de ALCOA-San Cibrao no concello de Viveiro contra o peche da factoría e a perda de centos de postos de traballo.  

Pontón afirmou que a solución para a ALCOA é “a nacionalización e unha tarifa eléctrica” para acabar co espolio exerxético en Galiza e  insistiu en que hoxe é máis   necesario que nunca “vontade política” para salvar miles de empregos en toda a comarca da Mariña ante o anuncio de  peche dunha fábrica vital para o futuro desta comarca.  

A día de hoxe, dixo, hai máis  534 traballadores e traballadoras en risco aos que hai que sumar os das empresas auxiliares. Resulta “un escándalo” que nin o goberno galego nin o goberno central defendan unha alternativa viable cando esta altenativa existe, “nacionalizar a fábrica e xunto a esa intervención pública, unha tarifa eléctrica galega que nos permita poñer fin ao espolio desta enerxía”, recalcou.  

Pontón asegurou que resulta inconcebible que con tanta  riqueza eléctrica  en Galiza teñamos o futuro desta comarca pendente desta enerxía. “É urxente que a Xunta e o goberno central busquen solución e non problemas”, afirmou.  


Feijóo non se reúne cos traballadores e traballadoras de ALCOA  

A nacionalista explicou que na actualidade contamos cun marco eléctrico que puxo en marcha o Partido popular e non foi modificado polo Partido socialista, a pesar “das súas promesas”. Feijóo, engadiu Pontón,  “leva desaparecido en combate desde que sabemos que a comarca da Mariña ten en risco o seu futuro” e non  entendemos  como o Presidente da Xunta, o candidato do Partido popular, leva dez días sin reunirse cos traballadores e traballadoras desta comarca. “Qué hai máis urxente que defender o emprego?” Qué hai máis importante que defender unha factoría que representa o 30% do PIB e miles de postos de traballo? preguntou.  

A portavoz do BNG comprometéuse a defender o futuro de ALCOA cunha “intervención pública entre a Xunta e o Estado e unha defensa dun novo marco enerxéctico” no que todos os galegos e galegas teñamos garantida unha tarifa que rebaixe o prezo da enerxía. En Euskadi o lendakari Urkullo defendeu esa tarifa mentres en Galiza, “Feixóo vetou a tarifa durante estes anos, a pesar de ser unha solución para os traballadores da Mariña e para moitas empresas do noso país”, concluíu. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias