El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

SOGAMA | EN CERCEDA

Sogama licita por máis de 1,6 millóns o servizo de seguridade da súa infraestrutura industrial

09-06-2020 16:32:59

CERCEDA |  A Sociedade Galega do Medio Ambiente saca a licitación, por un importe de 1.689.528,13 euros (IVE incluído), o servizo de seguridade, mantemento do control de accesos, CCTV e intrusión da súa infraestrutura industrial sita en Cerceda (A Coruña), isto é, Complexo Medioambiental e vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa.  

O concurso contempla a execución de labores de vixilancia e protección de bens mobles e inmobles da Sociedade, así como de todasas persoas que poidan atoparse nas súas instalacións.  É por isto que o servizo debe estar cuberto as 24 horas do día a través de roldas periódicas de carácter preventivo, control das entradas e saídas dos recintos, tanto dos traballadores e visitantes como de mercancías, rexistro informático das distintas accións e incidencias, prestación de auxilio e ata a regulación do tráfico na infraestrutura industrial da entidade pública cando as circunstancias así o requiran.
 
O prego de prescricións técnicas atópase a disposición dos interesados na plataforma de contratación da Xunta de Galicia, SILEX e DOUE (Diario Oficial da Unión Europea). O contrato, cunha duración inicial de tres anos, contempla unha prórroga dun ano máis, ata un máximo de catro. O prazo de entrega de ofertas conclúe o próximo 10 de xullo, ás 14:00 horas. Departamento de comunicación
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias