SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Ateneo de Santiago acordou homenaxear a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento, como un dos grandes creadores que ao longo do século XX dinamizaron culturalmente Galicia e, especialmente, a cidade de Santiago de Compostela. Neste senso, as mulleres e homes que integramos esta sociedade cívica acordamos poñer o seu nome ao Salón de Actos do noso local social, no que se desenvolve boa parte da nosa actividade cultural, e ao mesmo tempo, reeditaremos en formato libro, en colaboración coa Deputación da Coruña, unha das obras máis orixinais e descoñecidas deste autor “Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro”.
Igualmente, dentro do ciclo “Os Luns do Ateneo” organizarase unha conferencia de M.ª América Díaz, encol da figura e obra do polifacético artista. Departamento de comunicación