El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

Segundo concerto do Ateneo Barroco 2020: as Fantasías perdidas de Telemann

12-10-2020 12:57:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Tras as sonatas de Haendel, o martes a Igrexa da Universidade acolle unha cita especial co barroco alemán no segundo concerto do Festival Ateneo Barroco 2020, organizado polo Ateneo de Santiago e patrocinado polo programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, ademais de contar coa colaboración da Universidade de Santiago e o Concello de Santiago.

A talentosa e laureada violagambista Sara Ruiz interpretará seis das recentemente descubertas fantasías para viola da gamba de Georg Philipp Telemann, obras de plena actualidade que veñen a enriquecer o legado do considerado como o máis prolífico compositor da historia da música. A poetisa Eleonore von Münster foi quen gardou coidadosamente na súa biblioteca unha copia das doce fantasías para viola solista que até 2015 se consideraban perdidas e que presentan un universo novidoso e diferente respecto ao repertorio xa coñecido. Ao igual que na anterior sesión, xusto antes de comezar o concerto e co público xa acomodado, a intérprete fará unha breve introdución didáctica das Fantasías e a viola da gamba que ela toca, un instrumento orixinal austríaco de principios do século XVIII, co fin de preparar ao público para unha posterior audición máis enriquecedora.

Sara Ruiz colabora con prestixiosos conxuntos barrocos e dirixe o seu propio grupo La Bellemont, ao mesmo tempo que, como mestra no Conservatorio de Vigo, está a desenvolver unha extraordinaria labor formando en Galicia unha nova xeración de intérpretes de viola da gamba. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias