MADRID | O
portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego,
rexistrou unha Proposición Non de Lei e varias preguntas escritas
instando o Goberno español a que adopte de inmediato un calendario
de actuacións para a intervención pública de Alcoa San Cibrao.
“Desta forma darase cumprimento ao acordo adoptado na Comisión de
Industria do Congreso dos Deputados, para o que deben iniciarse os
trámites para a intervención da empresa” sinalou o deputado.
O
xuízo que decidirá se se aplican medidas cautelares á compañía
deu comezo no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Néstor Rego
destacou que se este órgano xudicial resolve favorablemente sobre as
medidas cautelares “frearase a execución dos despedimentos até
que se resolva se o expediente de despedimento colectivo é nulo e as
524 persoas traballadoras ameazadas de forma directa coa perda do seu
posto de traballo lograrían un pouco máis de tempo. Con todo, non
evitará o inminente peche da fábrica e con ela, a desaparición de
miles de postos de traballo e o desastre económico para toda a
comarca da Mariña” apuntou Rego.
O
deputado nacionalista destacou que “a solución ao peche de Alcoa
non virá da man de decisións xudiciais, polo que resulta
preocupante que, quer a Xunta quer o Ministerio, se inhiban de actuar
e limítense a esperar a decisión dos Tribunais en lugar de tomar a
iniciativa e dar unha saída política á situación, a única saída
posible ao conflito neste momento”.
Hai
tan só dúas semanas aprobábase no Congreso dos Deputados unha
iniciativa instando o Goberno español a iniciar, no caso de fracasar
as negociacións para a venda de Alcoa, a intervención pública para
salvar os postos de traballo e evitar a parada das cubas. Néstor
Rego lembra que esta iniciativa, presentada polo BNG, “foi apoiada
polo voto favorable dos dous partidos do Goberno do Estado, PSOE e
Unidas Podemos, así como polo propio Partido Popular, que ostenta a
presidencia da Xunta de Galiza”.
Así,
o BNG insta a ambos os gobernos para materializar ese compromiso e
tomar as medidas necesarias para iso de inmediato, “o momento desa
actuación chegou, a única posibilidade para salvar este sector
estratéxico da economía da Galiza e do Estado e miles de postos de
traballo é a intervención pública”.
“Agora
resulta evidente para todas as partes implicadas que Alcoa nunca tivo
a intención de vender e que durante o proceso de negociación
incorreu en moitas irregularidades -explicou o deputado e advirte
que-, se as cubas páiranse, a situación será irreversible e
eliminaríase calquera opción de continuar coa produción de
aluminio”. A formación nacionalista xa advertiu desde un principio
que a paralización das cubas significaría un dano irreversíbel das
capacidades produtivas e lastraría unha solución de futuro. “Coa
decisión de pechar e parar a produción, Alcoa tenta impedir a
continuidade da actividade sen importarlle o desastre industrial e
laboral, tanto para A Mariña como para o conxunto de Galiza, tanto
na de forma directa como nas empresas auxiliares que dela dependen”
subliñou.
Para
o BNG, a solución que desbloquee este problema só pode vir da man
dunha actuación política decidida dos Gobernos implicados, o da
Xunta da Galiza e o do Estado. Néstor Rego destacou que “é
imprescindible que se fixe de forma inmediata unha data para a
reunión da Mesa Multilateral e que se concrete un calendario para a
intervención efectiva de Alcoa”. Departamento de comunicación