El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG reclamará que o investimento para Galicia nos Orzamentos de 2021 supere os 1.000 millóns

31-10-2020 17:52:34

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, fixo unha valoración do proxecto de Orzamentos Xerais do Estadoción á Galiza en que cualificou de insuficiente o investimento territorializado no noso País. A formación nacionalista destacou de que “ten as mans libres” á hora de votar nestes orzamentos pois o seu único compromiso é coa defensa dos intereses dos galegos e advirte que non apoiará estes orzamentos se non se ven incrementados de maneira significativa.

O BNG considera un feito histórico que as portaxes da AP-9, unhas das máis caras de todo Estado debido a actuacións dos gobernos quer do Partido Popular quer do PSOE, en vez de seguir subindo, vaia baixar por primeira vez en 40 anos, especialmente pola bonificación para os usuarios e usuarias recorrentes. É dicir, invértese a tendencia de subida para unha tendencia de baixada grazas á posición firme do BNG no acordo de investidura. Rego destacou que a formación nacionalista seguirá a traballar para lograr que o obxectivo do BNG e o de moitos galegos e galegas se cumpra, que é o dunha AP-9 galega e sen peaxes. 

Néstor Rego salientou que hai outros aspectos do acordo de investidura que figuran plasmados nestes orzamentos entre os que destacan a dragaxe e rexeneración da Ría do Burgo, as partidas para completar as actuacións no eixo atlántico ferroviario de Vigo á fronteira portuguesa, a mellora para electrificar a liña entre Ourense-Lugo, iniciar o proxecto do corredor atlántico de mercadorías ou completar a conexión ferroviaria co porto exterior de Ferrol. O deputado nacionalista subliñou que nese acordo de investidura, no que ten que ver con infraestruturas, “o BNG fixo fincapé na necesidade de actuar, modernizar e ampliar as estruturas ferroviarias do noso País porque hai un déficit histórico que é inaceptábel”.

Con todo, o BNG considera que os investimentos territorializados na Galiza son claramente insuficientes e prexudiciais para os intereses do noso País. Rego adiantou que a frente nacionalista non vai apoiar estes orzamentos se non son modificados á alza de forma significativa. “Non podemos aceptar que se siga discriminando o noso país” sinalou. A formación nacionalista ve necesario uns orzamentos que cumpran con Galiza e que compensen o déficit histórico que levamos padecendo durante moitos anos, especialmente, durante os últimos anos do Partido Popular. Ler máis





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias