A
portavoz nacional, Ana Pontón, considera as medidas anunciadas polo presidente
da Xunta “un primeiro paso pero insuficiente” de cara a frear a expansión da
pandemia con cifras de contaxios e de persoas falecidas en progresivo aumento,
que confirman a oportunidade da reclamación do BNG de adoptar medidas drásticas
e contundentes para loitar contra o descontrol do virus, como o confinamento.
“Temos record de contaxios e de falecementos e as medidas adoptadas até
agora non logran frear a expansión da pandemia”, recalca a líder nacionalista.
Pontón tamén fai unha segunda valoración sobre as medidas que afectan ao sector
da hostalería, para o que si se decreta un confinamento pero ter habilitado
axudas.
“Feixóo vai confinar á hostalería sen
axudas o que deixa a miles de familias nunha situación de incerteza porque ven
como se pechan os seus negocios, o seu medio de vida sen que haxa compensacións
económicas sobre a mesa, nunha proba máis da improvisación e da falta de
anticipación coa que está actuando o Goberno galego oito meses despois da
chegada da pandemia”.
“O que agardamos no BNG, -alegou-, e
que dentro dunha semana non teñamos que chegar á conclusión de que se perderon
días importantes para atallar o coronavirus en Galiza á vista de que hai outros
países, como por exemplo Alemaña, que está adoptando medidas moito máis claras
e contundentes cun nivel de contaxios e de afectación do virus menor que o que
soportamos neste país”. Departamento de comunicación