CERCEDA |
En días pasados, o Consorcio da Zona Franca de Vigo comunicou
oficialmente a Sogama que esta compañía pública, participada no 51% pola
Xunta de Galicia e no 49% por Naturgy, alcanzou os indicadores ARDÁN de
Alta Produtividade e Empresa Circular en 2020. Desta
forma, a Sociedade que xestiona os residuos urbanos producidos por 295
concellos, dando servizo a máis de 2.242.000 habitantes, atópase entre o
selecto 5% de empresas galegas que cumpre os parámetros para obter
algún destes distintivos.
Non
é a primeira vez que a Sociedade Galega do Medio Ambiente é recoñecida a
través do servizo de ARDÁN. En 2017, o foi como empresa de Alta
Produtividade e, en 2019, como empresa Innovadora e Xeradora de Riquez
apola súa contribución á innovación tecnolóxica e ao emprego, destacando
no desempeño de distintos cometidos vinculados á competitividade
empresarial.
Na súa comunicación oficial, o Consorcio Zona Franca de Vigo indica que “as
empresas con Indicadores ARDÁN destacan polas súas competencias
diferenciais que as fan máis dinámicas, con alta capacidade de resposta e
adaptación ás esixencias do mercado, atraendo talento e investimento,
favorecendo a competitividade global da comunidade, así como a creación
de emprego e riqueza”.
Entre
directos e indirectos, esta Sociedade dá emprego a 1.000 persoas, cifra
á que habería que engadir os asociados ás paradas técnicas para labores
de limpeza, mantemento e outros axustes técnicos.
Sogama, circular
A
transición de Sogama cara a un modelo de desenvolvemento circular
fíxose patente cando ampliou a capacidade do seu Complexo Medioambiental
de Cerceda (pasando de 550.000 toneladas anuais a 1.000.000) coa posta
en marcha dunha nova planta de recuperación de materiais contidos no
lixo en masa e que opera en liña coa industria 4.0. Con esta instalación
logra recuperar ata 11 tipoloxías de materiais para o seu posterior
envío aos centros recicladores. Esta infraestrutura consolidouse a día
de hoxe como a máis moderna e eficiente de Europa, erixíndose en punto
de referencia a nivel mundial.
Ademais
doutras melloras substanciais a nivel industrial, a Sociedade apostou
polo ferrocarril como medio preferente para o transporte de residuos.
Mentres que en 2016 desprazaba por tren o 25% dos refugallos, a día de
hoxe esta porcentaxe subiu ata o 55%. Desta forma a compañía dá
prioridade a un medio máis sostible, máis respectuoso co medio ambiente,
con menor siistralidad,e maior sincronización horaria e, por suposto,
con menores molestias cidadás. Así
mesmo, outro dos obxectivos da Sociedade Galega do Medio Ambiente é
alcanzar en breve o vertido técnico cero, esixencia do Parlamento
Europeo para 2035, de tal forma que só se deposite en vertedoiro aquela
parte do lixo que non se poida reciclar nin valorizar enerxeticamente.
A
súa planta de compostaxe industrial de Cerceda xa está a dar servizo
aos municipios limítrofes e acometerá tamén a construción e xestión
doutras tres plantas de biorresiduos (unha na provincia de Pontevedra,
outra na de Lugo e outra máis na de Ourense) que virán a complementar as
públicas e privadas existentes actualmente (e futuras) a fin de
estender a reciclaxe da materia orgánica a toda Galicia.
En
plena sintonía coa xestión xerarquizada de residuos promulgada pola
Unión Europea, e que comeza coa prevención e a preparación para a
reutilización, e continúa coa reciclaxe e a valorización enerxética dos
residuos non reciclables, relegando o vertido a último lugar, Sogama
pecha o círculo de aproveitamento dos residuos e ponnos en valor, ben
mediante a súa reciclaxe ou ben mediante a súa valorización enerxética,
no caso da parte non reciclable, producindo a enerxía equivalente ao
consumo do 12% dos fogares galegos.
O
presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, mostrouse moi satisfeito
con este recoñecemento e agradeceu personalmente aos traballadores e
traballadoras o seu labor, esforzo e compromiso coa prestación dun
servizo público esencial. Departamento de comunicación