PORTOSÍN / PORTO DO SON | Impulsada polas Confrarías dos concellos da Ría de Muros Noia e financiada polo GALP Costa Sostible, a Candidatura da Cultura do Marisqueo da Ría de Muros Noia impúlsase coa posta en marcha do programa cultural ‘Cultura entre mareas’, promovido por la Confraría de Pescadores de Portosín.
O Patrón Maior da Confraría, Ivan Carreño, señala como obxetivos deste programa “afondar no arte do marisqueo, facendo visibles os aspectos e valores menos recoñecibles, e concienciar ós habitantes destos concellos sobre a transcendencia histórica, cultural e social da súa actividade”. O obxetivo final é tamén dar notoriedade á Candidatura a Patrimonio Inmaterial da UNESCO.
Estudo antropolóxico, seminario técnico e exposición fotográfica
O programa ‘Cultura entre mareas’ xirará arredor de tres fitos: un estudo antropolóxico, un seminario técnico e una exposición de fotografía.
O estudo antropolóxico será desenvolto por un equipo multidisciplinar dirixido por un antropólogo cultural, xa que cóntase con unha grande producción científica sobre os aspectos biolóxicos e económicos do marisqueo, pero hai una gran carencia de valores culturais e antropolóxicos. A presentación deste estudo terá lugar en decembro.
Entre outros aspectos, o estudo afondará na autenticidade desta cultura e a súa forte personalidade. O papel da muller tamén merecerá un tratamento específico, así como o seu carácter de tradición viva de gran relevancia humana.
Pola súa banda, o seminario técnico concíbese como un foro científico no que participarán diversos investigadores de primera liña no ámbito galego e algúns investigadores internacionais. Estará organizado polo Concello de Outes, e comenzará a finais deste mes de novembro.
Finalmente, baixo o título “A Cultura do Marisqueo, Ría de Muros Noia”, no mes de decembro organizarase unha exposición de fotografías e vídeos que rotarán polas distintas localidades da ría, ademáis doutras localizacións de fora do territorio. A exposición estará composta por 20 fotografías de grande formato e unha pantalla na que se reproducirán diversos vídeos que recollen o traballo diario de mariscadoras e mariscadores. Departamento de comunicación