El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | BNG

O BNG tilda de "chapuza" xurídica a lei de saúde do PP

21-11-2020 17:28:52

Os datos da evolución da pandemia mostran que no se está logrando unha contención nin dos contaxios, nin das hospitalizacións nin dos falecementos, pese ás semanas de confinamento perimetral na práctica totalidade do país e pese ao peche do sector da hostalería.  
Fronte a esta situación, Feixóo segue mostrando improvisación. A última: o proxecto de lei do PP para reformar a Lei de Saúde de 2008, que o BNG cualifica de “chapuza xurídica”,  e que supón responder con sancións, multas de miles de euros e recorte de dereitos aos galegos e as galegas, tras mostrar un comportamento maioritariamente exemplar na pandemia.
 
“O proxecto de Lei de Feixóo é unha chapuza xurídica e trata as galegas e galegos  como sospeitosos habituais aos que hai que vixiar e sancionar, recorta dereitos fundamentais a través dunha lei ordinaria, obrigar a vacinarse baixo pena de multa e ten afán punitivo sancionador, de feito o texto repite 71 veces a palabra sanción e prevé  multas de até 600.000 €. Por contra, non inclúe, -en 53 folios-, ningunha medida para mellorar a sanidade pública en plena pandemia”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras a reunión telemática do Consello Nacional.
 
“O que debería estar facendo Feixóo, recalcou, é reforzar a sanidade publica, non ideando supostos para multar as familias, sobre todo cando actuaron cumprindo as normas.  Non se  vai solventar unha epidemia sanitaria a base de cambiar unha lei de saúde para enchela de restricións de dereitos e liberdades, de sancións, obrigando a vacinarse cando aínda nin existe a vacina. De feito, a cuestión é se a Xunta terá capacidade de administrala cando chegue vendo o que pasou coa campaña da gripe”.
 
O BNG, avanzou Pontón, vai facer “todo o posible” para evitar que a cidadanía ademais da pandemia teña que estar sometida á ameza de sancións de miles de euros, porque a COVID non unha cuestión de responsabilidade individual. “Agora se entende porqué Feixóo utiliza ao grupo parlamentario para facer a modificación da Lei de Saúde, porque sabe que a reforma que pretende non superaría a proba do algodón xurídico, nin aprobaríaos informes xurídicos preceptivos se o proxecto de lei fose do Goberno da Xunta”.
 
Un proxecto que demostra, o nivel de improvisación na xestión desta crise, e que ten como gran aportación recortar dereitos fundamentais, sancionar á cidadanía, traspasando ademais a responsabilidade aos concellos, e obrigar aos galegos e as galegas a vacinarse senón queren ser multados.
 
A líder nacionalista tamén se mostrou moi crítica coa inacción do xefe do Executivo ante a situación que viven as residencias de maiores, con contaxios masivos case diarios, -o último nun centro en Vilalba-. “Segue cruzado de brazos negándose a unha intervención das residencias como senón tivese aprendido nada en oito meses, é intolerable e mesmo inhumano a deixación de funcións neste asunto”, criticou.
 
O BNG volve pedir a intervención de todas as residencias, a realización masiva e periódica de PCRs, máis rastrexadores para mellorar a localización de contactos e reforzo do sistema sanitario empezando pola atención primaria.


Orzamentos sen proxecto de país    

En relación ao proxecto de orzamentos, outra das cuestións abordadas polo Consello Nacional, Pontón lamentou que nin en plena crise sanitaria, económica e social o presidente da Xunta evitase caer “na propaganda repetindo titulares de autobombo”, demostrando “que non ten proxecto nin estratexia para sacar a Galiza da crise e que non ten vontade de tecer un gran acordo a favor de Galiza no Parlamento no seo da comisión de reactivación”.  

A espera de coñecer o detalle das contas, -confiscadas tres días antes de ser entregadas aos grupos parlamentarios-, “non hai un reforzo real da sanidade pública, máis alá de incrementar gasto corrente para afrontar a situación de crise sanitaria, e todo apunta a que será unha oportunidade perdida para reforzar a sanidade, ir a un novo modelo de coidados das persoas maiores ou poñer as bases dunha economía verde baseada na investigación e no coñecemento”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias