El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

Sogama retoma a xestión de residuos sanitarios de baixo risco

Correspondentes a segunda onda do COVID-19.

23-11-2020 15:11:04

CERCEDA | A petición do SERGAS (Servizo Galego de Saúde), e coa autorización administrativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Sogama retoma a xestión de residuos sanitarios de baixo risco (buzos, luvas, máscaras desbotables e asimilables) no marco da segunda onda do COVID-19. 

Os residuos sanitarios volveron a crecer de forma exponencial desde o pasado mes de outubro e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, na súa condición de empresa pública autonómica, reactivou a súa operativa para darlles un correcto tratamento, conforme ás instrucións ditada polo Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Transición Ecolóxica, nas que se dá prioridade á valorización enerxética  fronte ao vertedoiro debido ao negativo impacto deste último sobre o medio ambiente e a saúde. 


Mesmo protocolo que na primeira onda

Así as cousas, Sogama habilitou de novo, no Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), unha planta, provisional e específica, que xa estivera en funcionamento durante a primeira onda da pandemia,  e onde este tipo de residuos procedentes de centros adscritos ao SERGAS reciben un pretratamento (trituración e acondicionamento en forma de combustible CDR) para alimentar posteriormente as caldeiras da Planta Termoeléctrica e ser valorizados enerxeticamente a máis de 850ºC, temperatura coa que se garante a eliminación de patóxenos e outros axentes nocivos. Desde os centros sanitarios de orixe, estes refugallos trasládanse a Cerceda en bolsas pechadas que, á súa vez, son introducidas en caixas de cartón precintadas e embaladas, para ser transportadas nas mellores condicións hixiénicas e de seguridade. 

Sogama seguirá o mesmo protocolo que instaurou o pasado mes de abril. Neste sentido, cabe recordar que, entre o 21 de abril e o 21 de maio, tratou no seu complexo industrial 65.000 quilos. Para isto contratou persoal externo, que se rexeu por horarios diferentes aos traballadores adscritos á xestión de residuos urbanos, contando igualmente con vestiarios e áreas de descanso independentes a fin de previr posibles contaxios. A estimación é que, a partir deste momento, a entidade xestione nas súas instalacións da orde de 5,12 toneladas diarias de residuos sanitarios de baixo risco. 

O presidente da compañía, Javier Domínguez, que hoxe supervisou personalmente o funcionamento da planta reactivada para tal fin, manifestou que Sogama colaborará ao máximo para que estes residuos reciban o mellor tratamento posible. Tal e como sinalou, “non podemos permitir que unha ineficiente xestión destes refugallos orixine un novo problema ambiental e de saúde pública”.  Indicou que as plantas de valorización enerxética que dan servizo a varias comunidades españolas están a levar a cabo este labor a fin de evitar o vertido destes residuos, importante fonte de contaminación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias