El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

VACINAS | EN O PORRIÑO

O Goberno financiará con máis de 300.000 euros a liña de envasado de vacinas contra a COVID-19 do Grupo Zendal

A través do Plan de Axudas COVID-19 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

23-11-2020 12:05:28

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou hoxe que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concedeu unha subvención de 300.193 euros ao grupo Zendal para o desenvolvemento dunha liña de envasado de vacinas contra a COVID-19. O Ministerio fixo pública a resolución definitiva da convocatoria do Plan de Axudas Covid, que financiará 47 proxectos vencellados á fabricación de productos hixiénico-sanitarios relacionados coa pandemia. 

Javier Losada destaca este novo apoio do Goberno de España ao esforzo desta empresa biofarmacéutica de orixe galega, que coloca a Galicia no mapa internacional da loita contra o coronavirus “xogando un papel clave na solución á actual crise sanitaria como referente de fabricación de vacinas”.

O delegado, quen visitou as instalacións do grupo xunto co ministro de Sanidade, Salvador Illa, hai varias semanas, lembrou que esta empresa fará o envasado da vacina seleccionada pola CEPI (Coalición para a Promoción de Innovacións para a Preparación ante Epidemias) para o subministro na UE: “a previsión é que se envasen máis de medio millón de dosis de vacinas, e esta aportación do Goberno quere contribuir a facelo posible”. Javier Losada apuntou que “o envasado é unha parte vital, crítica, da fabricación dunha vacina, pois permite achegar o antíxeno de xeito seguro e eficaz ao paciente”. 

Ademáis, o delegado lembrou que a filial de Zendal, Biofabri, foi elixida en setembro pola compañía americana Novavax para a producción industrial do antíxeno da súa vacina en Europa, un feito, que representa un gran reto e un recoñecemento a todo o esforzo do seu equipo.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias