El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO DE COMPOSTELA | ATENEO

O Centro de supercomputación de Galicia, nos "Luns do Ateneo"

28-11-2020 13:08:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA |  Este luns 30, ás 20:00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha nova conferencia de Os Luns do Ateneo titulada ‘O Centro de Supercomputación de Galicia: unha revolución discreta’, que estará impartida por Juan Casares, primeiro Director desta institución. O Centro de Supercomputación de Galicia é unha estrutura tecnolóxica para a mellora das capacidades científicas e técnicas da nosa Comunidade.

O CESGA, que xurdiu pola necesidade de dotacións ás Universidades da Coruña e Vigo e para cubrir outras necesidades da Universidade de Santiago, ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións para o beneficio da sociedade. Juan Casares é licenciado e doutor en Química e foi profesor adxunto nas Universidades de Vigo e Compostela, ademais de catedrático en Sevilla, Cantabria e Santiago. Foi tamén director do Departamento de Enxeñería Química da USC así como Reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2010 e 2014.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da páxina web, así como das redes sociais do Ateneo, Youtube (Ateneo de Santiago), Facebook (Ateneo Santiago) e Twitter (@AteneoSantiago). Ler máis





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias