El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL

COTSG reclama melloras para que as persoas vulnerables poidan acceder aos bonos eléctrico e térmico

03-12-2020 18:52:22
O Colexio Oficial de Traballo Social.

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) vén de enviar dous documentos: un ás comercializadoras de enerxía, e outro ao director do Instituto enerxético de Galicia. O obxectivo de ditos escritos é aportar solucións para que as persoas que teñan que xestionar cuestións dos bonos eléctrico e/ou o térmico, poidan facelo dun xeito efectivo. 

En ambos escritos recóllese o feito de que, se ben as persoas ás que vai dirixida a esta axuda, teñen recursos online e telefónicos, a presencialidade é fundamental para este tipo de usuarios que, frecuentemente, non teñen a alfabetización dixital precisa para levalos a cabo nin equipos para facelo. Así, desde a Xunta de Goberno explican que “en quen recae sempre o trámite é nos Servizos Sociais”. Ao fío disto argumentan que “isto resta eficacia ao propio sistema, pois as traballadoras sociais asumen funcións que non lles son propias”. Neste sentido remarcan que “estamos inmersos nunha forte crise sociosanitaria derivada da pandemia e precisamos tempo para intervir coas persoas na súa recuperación emocional e laboral” e por isto, afirman “as e os traballadores sociais non poden asumir esta burocracia que non lles é propia”. 

Dada a demanda que teñen ambas axudas, desde o COTSG solicitan que se “publicite, promova e facilite por parte da Xunta un servizo específico que preste apoio para a realización dos trámites de información, asesoramento, presentación de documentación, renuncias, etc”. Dito servizo estará xestionado por profesionais do traballo social e implicará a mellora na “calidade da atención, asegurando homoxeneidade na información, igualdade no acceso, proximidade, un bo funcionamento e unha maior satisfacción por parte das persoas beneficiarias, especialmente das que se atopan en maior grao de vulnerabilidade”. 

No que ás comercializadoras se refire, desde o COTSG esixen que “ofrezan un servizo específico para a realización dos trámites de información, asesoramento, solicitudes, presentación de documentación, etc para as persoas beneficiarias”. Para este cometido, recomendan que nas empresas conten “coa figura do traballo social, xa que cubre outras necesidades habituais sobre benestar do cadro de traballadores e as súas carencias individuais, grupais ou comunitarias”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias