El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | CULTURA

O BNG reclama un plan de rescate para o sector cultural

Pide ao PP que pense na cultura como ben esencial.

09-12-2020 18:36:44

A deputada do BNG, Mercedes Queixas, trasladou á Cámara galega, a través dunha moción, as demandas do sector cultural gravemente danado polas restricións  da COVID19. Na defensa da iniciativa, Queixas reclamou a posta en marcha “dun plan de rescate” con medidas urxentes para  paliar as consecuencias por  axendas canceladas, alugueres, créditos, ausencia de  salarios e pago de cotizacións sociais. A deputada solicitou, como primeira medida, abrir o diálogo entre os responsables da consellería de Cultura e  axentes culturais galegos co fin de coñecer de primeira man “as súas necesidades e demandas” despois de 8 meses de “paro forzoso” polo que resulta urxente un “plan de rescate” contra a inactividade laborar á que foi obrigado  dende o comezo do confinamento e atendendo ao informe do Consello da Cultura Galega, Conxuntura estatística do ámbito cultural.
 
Ademais, tamén  solicitou a previsión de axudas directas e liñas de acceso á crédito consontes á diferente tipoloxía do sector  e en función da condición  laboral, nalgúns casos, intermitente e na maioría como traballadores e traballadoras autónomas, micro pemes e cooperativas sociais. A deputada reclamou presentar, antes de finais de ano, medidas dun “plan urxente de activación” derivado da Estratexia da cultura galega 20-21, así como reactivar as unidades de producción do Centro Dramático Galego e Coreográfico galego  e revisar a normativa sobre os aforos permitidos atendendo á proporcionalidade dos espazos e especificidade das diferentes accións culturais que se desenvolvan.
 
A nacionalista afirmou que “a cultura de hoxe é a memoria do noso pobo que permanecerá máis aló de nós e falará por nós de conciencia colectiva, de pensar e sentir” e fixo seus os versos da escritora María Reimóndez, “o presente continuo é o único tempo verbal do compromiso”.
 
As partidas da Secretaria Xeral de Cultura, criticou  Queixas,  mantéñense nos mesmos termos que o ano pasado ou acrecéntanse de forma moi pouco significativa. “Este orzamento seguidista dun tempo precovid non está á altura das demandas da cultura en tempo presente restritivo nin dun futuro en que cómpre abrir canles de renovación e adaptación a novos formatos”.
 
 
 O Museo do Pobo Galego mantén a mesma dotación do ano 2020, “totalmente insuficiente” mentres a  Fundación Cidade da Cultura conta coas partidas máis altas ascendendo a máis de 10M. “Cada gasto xerado no mantemento do Gaiás é un proxecto cultural galego que esmorece” e criticou que  entre as poucas partidas que ascenden destaca  o convenio mixto Xunta-Igrexa. “Ao tempo que se nos di que non se pode afrontar o Parque do Pasatempo (BIC) por ser de titularidade municipal”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias