NOIA | Onte inaugurouse a exposición
que recolle a cultura do marisqueo a través da cámara de Pedro G.
Losada. Esta exposición é parte das actividades coas que
se pretende impulsar a declaración do marisqueo na Ría de Muros Noia
como Patrimonio Cultural Inmaterial pola UNESCO.
Ao longo de moitísimos anos, os homes e mulleres desta ría saíron ao
mar e ás praias para recoller berberechos, longueirones, ameixas e
outros moluscos de calidade culinaria. Esta tradición, con todo o que
unha actividade humana deste tipo é capaz de achegar, deu lugar a algo
que pasa amplamente un oficio, para converterse nunha cultura. A cámara
de Pedro G. Losada recolleu esa mestura de esforzos, de alegrías e de
compañeirismo en 20 imaxes de gran tamaño, das que poderemos gozar ata o
próximo 7 de xaneiro de 2021.
O alcalde de Noia,
Santiago Freire foi o encargado de acompañar ao artista na inauguración,
unha oportunidade que aproveitou para destacar como as fotografías
mostran "a incrible beleza dun medio, que en moitas ocasións pode
mostrarse hostil, pero que encerra uns tesouros que ademais de proveitos
económicos, xeraron unha experiencia e unha identidade para todos os
concellos da ría". Fotografías de Pedro G. Losada: "a
cultura do marisqueo na Ría de Muros Noia", no Museo do Mar de Noia ata o
próximo 7 de xaneiro. Departamento de comunicación