El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

POLÍTICA| CXG

CxG solicita que se reúna o goberno co sector pesqueiro galego afectado polo Brexit

13-12-2020 11:37:47

"Para o goberno central a pesca sempre é un tema secundario cando afecta a Galicia, por desgraza a negociación do Brexit non está sendo efectiva nesta actividade tan importante para a economía galega, non so nos caladoiros Europeos tamén afecta a Malvinas", manifestou o Secretario xeral Galeguista, Piñeiro Docampo.
   
É precisa unha ofensiva diplomática española para a defensa dos intereses pesqueiros da flota galega, xa non na UE, tamén na OTAN, diante do anuncio do uso de forza militares contra civís por parte dun dos socios da Alianza. “Mentres Boris Johnson coacciona a negociación usando a forza naval, o goberno de España non di nada, e o que é peor non dá conta ao sector afectado, por elo entendemos que teñen que vir a Galicia, os dous Ministros afectados, a ofrecer seguridade, xa non ás empresa tamén aos mariñeiros que faenan nos caladoiros de GB” manifesta o Secretario Xeral de CxG.
   
O pouco peso de Pedro Sánchez na UE fai que o mellor aliado na defensa da pesca galega sexa o Presidente Macron socio do Partido Demócrata Europeo(do que CxG é parte) no Euro-Parlamento e no goberno de Francia , ao que CxG pedirá por carta, a través do PDE, que manteña a súa postura de non considerar a pesca como moeda de cambio, cuestión que parece si fan o PSOE e UP para preservar o turismo británico. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias