El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | PESCA

O BNG acusa a Xunta e goberno central de "deixar tirado ao sector pesqueiro galego" nas negociacións do Brexit

26-12-2020 13:20:48

VIGO | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada do Parlamento de Galiza Rosana Pérez acusan aos gobernos galego, estatal e á Unión Europea de “deixar tirado ao sector pesqueiro” ao non defender os seus intereses nas negociacións sobre o Brexit, xa que co acordo acadado os dereitos de pesca da UE se reducirán nun 25% até xullo de 2026, cando remata o período de transición este 31 de decembro. “Desde 2018 vimos alertando das consecuencias para Galiza da saída do Reino Unido da UE cun acordo que deixa a pesca no último lugar e lamentablemente estanse cumprindo os peores presaxios”, denuncia Miranda.

Ana Miranda critica o desleixo das administracións estatal e galega nas negociacións da UE o Reino Unido sobre o Brexit e destaca que o acordo aínda ten que ser ratificado no Parlamento Europeo, polo que anuncia que o BNG introducirá unha iniciativa a través do grupo do que forma parte na Eurocámara, na que se reclamarán compensacións e melloras nas condicións de acceso aos caladoiros. “A falta de acceso a un parte do caladoiro terá un forte impacto comercial e económico no noso sector pesqueiro”, sinala Ana Miranda, quen lembra que son miles de familias galegas que dependen do sector e que levan meses vivindo con incerteza o resultado das negociacións. Comparecencia da conselleira

Pola súa banda, Rosana Pérez pide a comparecencia urxente da conselleira do Mar, co obxectivo de que explique o contido das negociacións mantidas en defensa do sector pesqueiro durante estes meses. “Dados os resultados, queremos saber que se fixo e que non se fixo desde o goberno galego e por que a pesca galega volve ser unha moeda de cambio”, sinala, ao tempo que critica que non se teñan en conta os intereses de Galiza e un dos seus principais sectores económicos.

Xa desde 2018 o BNG no Parlamento Europeo presentou diversas iniciativas, tanto preguntas para a súa resposta escrita como intervencións plenarias ao Comisario Barnier, demandando información sobre as consecuencias do Brexit para os sectores económicos como o pesqueiro e o téxtil. Igualmente, Miranda alertou en diversas ocasións das consecuencias que tería para Galiza un Brexit de non defender o sector pesqueiro como estratéxico, así como sobre as incertezas da cidadanía galega residente en Reino Unido. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias