El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

As vacinas da Covid, nos luns do Ateneo

08-01-2021 12:00:48
María Jesús Lamas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O luns 11, ás 20:00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada ‘Un camiño de éxito ata as vacinas da covid’, que será impartida por María Jesús Lamas, Directora da Axencia Española do Medicamento.

As vacinas da covid son unha das principais inquedanzas da sociedade a nivel global, e tamén no noso país. Malia ter comezado xa o proceso de vacinación, son moitas as persoas que seguen a ter dúbidas con respecto a elas, non só da súa eficacia, senón da elaboración, do plan de vacinación, beneficios, efectos secundarios... Todos estes e moitos outros aspectos serán tratados pola conferenciante.

María Jesús Lamas é unha farmacéutica e investigadora galega, licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada tamén por esta universidade coa tese Estudo farmacoxenético do cancro colorrectal. Lamas comezou como residente de Farmacia (FIR) no Hospital Clínico de Santiago (CHUS), servizo no que permaneceu máis de 20 anos. Ao mesmo tempo, coordinaba a Área de Plataformas e Metodoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS- ISCII) e de 2012 a 2016 foi tamén directora de Investigación da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH). Na actualidade e dende 2018 é directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios. Departamento de comunicación     





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias