A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), tras coñecer a sentencia do Xulgado nº3 de Pontevedra, publicada en data 5 de febreiro de 2021, e que afecta á persoa de Rafael Louzán Abal, manifesta que os feitos xulgados pertencen a un expediente iniciado no ano 2011 e por tanto alleos á xestión federativa, xa que Rafael Louzán chega á presidencia da RFGF co respaldo maioritario do fútbol galego no ano 2015, sendo refrendado de maneira rotunda no 2018.
A Xunta Directiva da RFGF, como non pode ser doutra maneira, atende á presunción de inocencia, e confía plenamente que o recurso anunciado polo presidente ante a correspondiente Sala da Audiencia Provincial de Pontevedra devengue na anulación desta sentencia en primeira instancia.
De maneira unánime, os directivos da RFGF, queren mostrar o seu apoio público e total ao presidente da RFGF pola xestión realizada durante estes anos e que continúa levando a cabo á fronte do ente federativo.