El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

A CORUÑA | PORTO EXTERIOR

O BNG reclama a licitación "inmediata" da conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña

11-02-2021 15:20:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demanda a licitación urxente das obras para a conexión ferroviaria co porto exterior da cidade da Coruña en Punta Langosteira. Así mesmo, a formación nacionalista reclama a transformación dos terreos liberados no porto interior para uso público como compensación pola débeda xerada na construción do porto exterior.

Nos Orzamentos Xerais do Estado non aparecen recollidas partidas específicas para as obras da conexión co porto exterior da Coruña, razón pola que Rego lembrou que o BNG presentara unha emenda para dotar dunha partida específica de 20 millóns de euros que, infelizmente, foi rexeitada polos partidos do goberno. A formación nacionalista sinala que, a pesar disto, o Ministerio de Transporte conta cos recursos necesarios para levar a cabo esta licitación “empregando partidas xenéricas ou facendo uso dos fondos europeos de recuperación”.

“A conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña en Punta Langosteira é vital para garantir a plena operatividade desta infraestrutura e para asegurar a conexión co corredor atlántico e as redes europeas de mercadorías” salientou o deputado do BNG no Congreso. Así mesmo, lembrou que nos últimos anos “non se deron os pasos efectivos” para acometer esta actuación “a pesar da existencia do proxecto” e alertou sobre a caducidade do estudo de impacto ambiental das obras en xuño de 2021. “Permitir a caducidade do informe de avaliación ambiental suporía un retraso de varios anos na execución das obras e iso é algo que A Coruña e Galiza non se poden permitir” denunciou o deputado nacionalista.

Así mesmo, Rego enfatizou que o “Estado está moral e politicamente obrigado a compensar a débeda de 200 millóns de euros xerada pola construción do porto exterior, se non quere caer nun agravio comparativo evidente co noso País”, en referencia á condonación da débeda de 400 millóns do porto exterior de Valencia. O deputado nacionalista reclamou que a compensación se realizase coa dotación de partidas específicas necesarias para a transformación dos espazos liberados no porto interior da cidade para o uso público. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias