El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CASO PAZO DE MEIRÁS

A Deputación da Coruña presentará recurso xudicial pola sentenza do Pazo de Meirás

24-02-2021 16:23:53

A CORUÑA | O goberno da Deputación da Coruña está decidido a presentar recurso xudicial á sentenza da Audiencia Porvincial da Coruña que reafirma que o Pazo de Meirás pertence ao patrimonio público, como defendeu a Deputación desde o inicio do proceso, pero establece unha indemnización á familia Franco polos gastos de mantemento do inmoble, un punto co que o goberno provincial non está de acordo, pois entende que os Franco xa se beneficiaron durante moitos anos a nivel particular do uso dun edificio público.

Os deputados Bernardo Fernández e Xosé Luís Penas transmitirán a decisión do Goberno provincial aos membros da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás durante a reunión telemática que terá lugar esta tarde, na que os diferentes especialistas, organismos e entidades representadas analizarán o contido da sentenza e a situación actual. Na Xunta Pro Devolución están representados os concellos de Sada e A Coruña, as universidades, entidades de recuperación da memoria histórica e especialistas como Emilio Grandío e Xabier Ferreira, autores dos informes histórico-xurídicos cos que a Deputación da Coruña abriu o camiño para a defensa xudicial da devolución do Pazo de Meirás ao Estado.

Desde a Deputación da Coruña enténdese que o recurso continúa o camiño iniciado por esta institución de contribuír á devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público achegando argumentos e datos que fundamentan esta decisión ademais de responder á opinión amplamente maioritaria manifestada por moitos dos membros da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás de que non se debe indemnizar á familia.

Os representantes da Deputación da Coruña na Xunta lembran que desde esta institución desenvolveuse un intenso traballo participativo que sumou forzas de institucións e entidades para conseguir finalmente "facer xustiza e conseguir recuperar a titularidade pública do Pazo" e quere agora "levar esa vontade até as últimas consecuencias para conseguir que este capítulo do franquismo chegue ao seu fin e o Pazo de Meirás poda ser un espazo compartido socialmente e non un feudo privado da familia do ditador". Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias