El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

8M

Campaña do BNG para o 8M baixo o lema "Sostemos o presente, cambiemos o futuro"

27-02-2021 20:15:03
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Nun acto acompañada pola deputada e responsable de Acción Feminista da Executiva nacional, Noa Presas, e a participación de Irene Tato, traballadora da sanidade pública, Mercedes Torres, traballadora no sector de alimentación, e Sandra Lado, traballadora dunha residencias de maiores, a portavoz nacionalista, Ana Pontón presentou a campaña do BNG, 8M baixo o lema: Sostemos o presente, cambiemos o futuro.  

Este 8M tan diferente pero cheo de significado porque durante a pandemia foron as mulleres “máis precarizadas” as que ocuparon en primeira fila das necesidades esencias. Esta campaña debe ser “o recoñecemento” das mulleres que durante a crise da COVI demostraron ser “imprescindibles” cun traballo que debe ser recoñecido e denunciou as condicións laborais precarizadas e de baixos salarios para facer fronte a peor crise en tempos de paz, asegurou.  

Queremos recoñecer o traballo das limpadoras, das caixeiras de supermercados, das coidadoras, das traballadoras das residencias, das enfermeiras, das traballadoras das escolas infantís, e de tantas e tantas outras mulleres que continúan sendo o sostén da sociedade e seguen sendo as “imprescindibles” nesta pandemia. “Demostraron que sen a forza das mulleres non sería posible saír adiante, porque foron as mulleres as que se encargaron dos traballos fundamentais e cando hai un ano saíamos á rúa para afirmar que Sen coidados non hai vida, nunca imaxinamos que poucos días despois este lema demostraría a súa vixencia”, remarcou.
 
Pero a crise derivada da COVID volveu poñer foco na profunda desigualdade do sistema económico e social coas mulleres, e neste momento, dixo, “podemos constatar a precariedade laboral das mulleres e un ano despois que as súas condicións laborais, económicas e sociais non melloraron”. Ao contrario, en moitos casos foron a peor porque son os sectores económicos máis feminizados aos que máis lles está impactando a crise: os coidados, comercio, hostalería, alimentación ou o sector da limpeza”, incidiu.
 

A crise obrigou ás mulleres a asumir o rol de coidadoras

No caso dos coidados é especialmente grave, recalcou a nacionalista, porque as mulleres “asumiron o rol de coidadoras nesta crise, case sempre de balde, para suplir as carencia no ámbito dos servizos públicos”.  

Neste sentido, denunciou que faltan recursos por parte tanto do Goberno do Estado como do Goberno galego e urxe cuestionar un “sistema que é inxusto e discriminatorio coas mulleres”, e non pon as medidas necesarias para que esa loubanza durante a pandemia a todas esas mulleres precarizadas se materialice nun cambio real que melloren as súas condicións de vida. “Non podemos permitir que a pandemia sexa unha nova coartada para conxelar avances e un paso atrás na igualdade e conquista de dereitos”, sentenciou.  


A COVID non trata igual a homes e mulleres  

Na súa intervención, Pontón afirmou que a crise COVID entende de clases sociais, pero tamén entende de xénero. Ao seu xuízo, “estamos ante un retroceso no económico e ante unha involución que volve a meter ás mulleres na súa casa por falta de oportunidades”. Segundo a EPA, en 2020, “oito de cada dez postos de traballo destruídos estaban ocupados por mulleres”. E a maior parte deses empregos perdidos saen do mercado de traballo porque esas mulleres pasaron a dedicarse, en gran media, as ‘tarefas do fogar do fogar’”, 10.200 máis en 2020.  

Neste momento estamos asistindo a algo que non sucedía desde a incorporación masiva da muller ao mercado laboral porque a taxa de actividade das mulleres baixa e rompe a tendencia a acurtar distancias coa taxa de actividade dos homes. O incremento de mulleres que volven ao fogar está relacionada coa falta de servizos públicos, de tal xeito que cando veñen mal dadas, como nesta crise, obriga ás mulleres a asumir case por completo o traballo dos coidados porque a corresponsabilidade segue sendo unha anécdota, advertiu.  

Pontón tamén incidiu en que as mulleres son expulsadas de facto do mercado laboral e comprobamos como a maioría das persoas en ERTEs, son mulleres e da poboación activa, engadiu a líder do BNG, desapareceron 15.600 mulleres en 2020, “tres veces máis que no caso dos homes”. Estamos ante unha privatización ou externalización que agrava a precariedade laboral das mulleres por parte dunhas empresas que as espremen para sacar un maior rendemento económico dos contratos coa Administración, e os datos son elocuentes: o 87% das persoas inactivas polo coidado dun menor ou persoa dependente son mulleres, o 77% con xornada reducida para atender coidados son mulleres; o 56% dos contratos que flexibilizaron horario para conciliar, son mulleres e a esta precariedade hai que sumar unha “fenda salarial, 4.527 euros menos de media anual, un 20% menos cos homes, por facer o mesmo traballo”.  

Os empregos das mulleres que foron imprescindibles para “manternos a flote” durante a pandemia non son “recoñecidos nin melloradas as súas condicións laborais” e en moitos casos aínda non foron vacinadas a pesar de ser esenciais. Neste 8M e ante a realidade dunha pandemia que supón un paso atrás nos dereitos das mulleres e a súa reincorporación laboral, propoñemos “un Plan de Emprego feminino” que permita saír as mulleres dos empregos máis precarizados, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias