El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero propón a Feijóo "un gran pacto político"

01-03-2021 17:09:19

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo hoxe a Feijóo que lidere un gran pacto político, social e territorial que enfronte a maior crise económica, social e sanitaria que estamos vivindo e que sirva para “poñer as bases da reconstrución de Galicia” e “dar futuro á nosa xente”.

En concreto, en rolda de prensa, o líder dos socialistas galegos recordou que o pasado día 8 de febreiro xa pediu unha xuntanza a Feijóo para acordar como “impulsar ao país” á vista de que a Xunta “carece de estratexia”. Agora, ante o “complicado” da terceira onda da covid, incidiu en que Feijóo segue tendo “a nosa man tendida”. Así, Gonzalo Caballero sinalou que Feijóo debe convocar aos líderes dos partidos con representación parlamentaria, aos axentes sociais e aos representantes dos gobernos locais para “pactar a folla da reconstrución”.

Trátase, segundo as súas propias palabras, de acordar o destino dos fondos públicos, de estudar como favorecer as inversións privadas e de decidir os proxectos cos que optar aos recursos que proceden da Unión Europea. Sobre este terceiro eixo, ademais, o secretario xeral do PSdeG amosou a súa preocupación polo “desnorte” da Xunta, que pasou de anunciar sete proxectos para obter fondos europeos a falar de 108 que “mantén agochados” porque revelan que o goberno galego carece de orientación para deseñar o futuro.

“Temos que construír a reactivación económica de xeito conxunto”, remarcou Gonzalo Caballero, consciente da importancia de ser quen de “dar dignidade aos nosos maiores” e de “dar esperanza á nosa xente máis nova”. “Eses son os retos que temos”, subliñou, antes de reflexionar sobre o falla de expectativas dunha xeración que “sempre viviu en crise económica”.



Restricións 

En paralelo, o dirixente socialista chamou a “extremar a prudencia” ante a relaxación das restricións decidida pola Xunta, porque “todos temos que cumprir as normas”. Iso si, recordou ao goberno galego que ten que usar os instrumentos que lle outorga o estado de alarma para “supervisar” ese cumprimento e garantir que a desescalada “non implique erros”. “Ten que haber coordinación entre administracións para que non haxa retrocesos na loita contra o virus”, apostilou.

Ademais, Gonzalo Caballero indicou que a resposta da Xunta a través do plan de rescate dos sectores afectados polas restricións foi “moi cativa”, fallou o compromiso da Xunta á hora de “dar axudas” á hostalería, o comercio, a cultura e o deporte, que levan “meses demoledores”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias